O Concello de Malpica visibiliza as mulleres emprendedoras con motivo o 8M
Nesta semana conmemórase o día da muller e, desde o noso concello, queremos render un pequeno e humilde homenaxe ás mulleres emprendedoras, mulleres que tiveron a coraxe de montar o seu propio negocio e con moito tesón e esforzo conseguiron non só crear o seu posto de traballo, ao tempo dan emprego a outras mulleres.Ao longo desta semana iremos publicando testemuños de diferentes mulleres emprendedoras da nosa vila con motivo do 8M. O que non debemos esquecer é que xa as nosas avoas, cando se descoñecía o significado do termino emprender, foron mulleres emprendedoras. Quen non lembra ás pescantinas coa caixa na cabeza que viña polas parroquias vendendo peixe?, ás labradoras coas patacas, a verdura de tempada ou os ovos?, á leiteira co seu cántaro de leite e a medida de latón colgada?, ou ás mulleres dos oleiros cos cestos cheos de potas de barro vender a súa obra nas feiras?Aínda que nos pareza mentira, elas, dunha forma calada sen facer ruído foron abrindo un pouco o camiño ás novas xeracións. As nosas avoas tiveron que aprender a conciliar, cando nin sequera se falaba diso, a vida familiar e laboral, eran súper mulleres na sombra, invisibles aos ollos do mundo porque todo o que elas facían non tiña ou polo menos non se lle dada o valor que realmente tiña.Quen non lembra algo do que estou a falar?Pois por elas, polo seu esforzo, pola súa valentía, por dar pequenos pasos cara á súa independencia económica temos conseguido ser máis fortes, facernos visibles e darlle valor ao noso traballo.É certo que percorremos un longo camiño cara a igualdade e aínda nos queda un bo treito por andar…pero, xuntas, apoiándonos unhas ás outras, o conseguiremos.
Nome, apelidos e idade?Isabel Ceán García, 49 anos.
O salón de peiteado montáchelo en Buño por continuar no pobo? Foi porque lle cadrou, coincidencia. Estudei en Carballo e despois fun para Coruña facer unha ampliación do estudio e en Buño naquel momento había moita xente e púxena, xa che digo cadroulle.
Fai moito que abriches o teu negocio?No mes de agosto fará 32 anos.
Cantas persoas traballades?Neste momento somos dúas persoas, Ángela, que xa leva comigo 12 anos e máis eu.
Equipo de mulleres no teu negocio, casualidade ou apostaches polo emprego feminino? Pois nunca se me ocorreu pedir un home, tiven varias empregadas e todas mulleres ao longo deste anos pero todas foron mulleres nunca un home, pero dicindo a verdade sempre que necesitei xente as que viñan eran mozas e se te pos a pensalo cando empecei as que iamos aprender esta profesión eramos as mulleres. Agora que tamén che digo que encantada con calquera das rapazas que pasou por aquí.
Crees que os homes, polo simple feito de ser homes a día de hoxe o teñen máis fácil (refírome á igualdade salarial, aos postos de relevancia ou os ascensos dentro dunha empresa) ou logramos a igualdade neste sector?Quero crer e pensar que desempeñando o mesmo posto de traballo, que os soldos sexan iguais, da igual que sexas perruqueir@, mecánic@…. Si tes o mesmo traballo e a mesma responsabilidade o soldo que se pague debe de ser o mesmo independentemente de que sexas home ou muller.
Conciliación familiar e laboral, como levas este tema? Pois como se pode e con moito esforzo, porque cando traballas tes que ser traballadora, nai, muller tes que ser perfecta en todo; para facer de comer…..hai que ser unha “súper muller”. Levar os fillos ao pediatra, que si aprobaron esta ou aquela asignatura, se mañá teñen un exame, se hai que levalos a inglés, á piscina, ao fútbol… hai que estar en todo. Agora que son maiores, e menos mal (dálle a risa), é máis fácil pero mentres son pequenos….é moi difícil.
Tarefas compartidas no fogar, ou, a maior parte do peso recae sobre ti?Compartidas, aínda que claro cando o teu home traballa dende as 7 da mañá ata as 8 da tarde como non o faga o sábado e o domingo.Que eu tamén traballo todo o día, pero penso que o maior peso o levamos nós porque logo lle dicimos “deixa xa o fago eu” (sorrí); e sendo autónoma teño máis liberdade, como por exemplo acudir a unha reunión da escola, levalo ao médico, etc. e daquela xa vas ti.Teño 2 fillos, unha muller e un home e eduquei aos 2 por igual nin a rapaza lle ten que recoller nada ao rapaz, nin o rapaz á rapaza a non ser que un estea fregando e o outro recollendo.
E xa para rematar, como anécdota, recordas o primeiro cliente que tiveches? Continúa séndoo?Sinto dicir que non recordo o primeiro cliente, pero si que teño xente que continúa vindo despois de 32 anos. Algunhas persoas finaron, en 30 anos a poboación foi moito a menos, pero si clientes que levan vindo estes 32 anos.
Sopesando pos e os contras, volverías a arriscarte a emprender pola túa conta ou irías ao “seguro” e traballarías por conta allea? Volvería a emprender, iso seguro, pero non con 18 anos. Primeiro traballaría 4/5 anos por conta allea para coller máis técnica, ter outra visión das cousas e aprender doutras profesionais e ao mesmo tempo no asumiría tantas responsabilidades tan nova, ser autónomo conleva moitas dores de cabeza, facturación, impostos, tratar con provedores, moita responsabilidade.Primeiro “rodar” un pouco e despois poñerme de autónoma, que ten as súas cousas boas e malas como todo, pero si que volvería a emprender.
Nome, apelidos e idade?- Carmen Villar Barca, 46 anos (Aclara que nuns días cumprirá os 47). A pesar de non ser nada no noso concello ten raíces malpicás, o pai é de Seixas, nai de Leiloio e o seu home tamén é de Leiloio. Porque te decidiches abrir o negocio en Buño? Foi un pouco de casualidade, hai vinte anos cando me casei tomando un café con Don Francisco, mestre moi coñecido xa finado, comentarame que estaba en venda a farmacia, como me interesaba contactei co dono e naquel intre díxome que a farmacia non estaba en venda que era para o seu fillo.Hai uns oito anos aproximadamente Raquel, referíndose a unha das chicas que forma parte do seu equipo, me comenta que a farmacia de Buño está en venda a través dunha axencia e aí fomos a por todas, é un sitio que me gusta e que me aportaba moita tranquilidade.
Cando abriches as portas do teu negocio por primeira vez? – O día un de xullo farán sete anos xa.
Cantas persoas traballan na túa farmacia?- Agora mesmo somos cinco en plantilla e temos unha chica en prácticas de FP dual.
Equipazo de mulleres no teu negocio, casualidade ou apostaches polo emprego feminino?- No, nese caso foi casualidade, realmente tampouco hai moita xente que se oferte.
Crees que os homes, polo simple feito de ser home a día de hoxe o teñen máis fácil (refírome á igualdade salarial, aos postos de relevancia ou os ascensos dentro dunha empresa) ou logramos a igualdade neste sector?- Si, eu penso quedo si, aínda quedan as trabas dos embarazos; da maternidade de que pensan que se tes fill@s non vas aportar á empresa todo o que debes, penso que si que aínda sigue existindo.
Conciliación familiar e laboral, como levas este tema?- A ver, agora mesmo levo mellor, debemos de ter en conta que os meus fill@s son maiores, 19 e 15 anos. Tamén as condicións laborais son moi boas porque estamos a quendas de mañá ou tarde, daquela sempre dispós de un pouco máis de tempo.
Tarefas compartidas no fogar, ou, a maior parte do peso recae sobre ti?- No meu caso teño moita sorte e son compartidas, por exemplo podo poñerme ao fronte da limpeza ou da compra pero a cociña e recoller a Mateo, refírese ao seu fillo, iso xa é cousa do meu home.
Como anécdota, recordas o primeiro cliente que tiveches? Continúa séndoo? – Si, recórdoa como se fose hoxe; unha señora de Cambre que segue sendo clienta, pero por motivos de saúde non acude ao establecemento persoalmente. (Carmen sorrí e medio se emociona ao lembrar este detalle). Xa para rematar, volvendo a vista atrás e sopesando pos e contras, volverías a arriscarte a emprender pola túa conta ou irías ao “seguro” e traballarías por conta allea?- A día de hoxe, si se me volta a presentar esta oportunidade a cegas, sen pensalo. Terceira entrevista
Xa está aquí a 3ª entrevista con motivo da Conmemoración do 8 de Marzo día Internacional da Muller.
Nome, apelidos e idade?- Mª. Noelia Álvarez Suárez
Porque te decidiches abrir o teu negocio en Malpica? Hai moito que colliches a libraría?- Tíñamos idea de ter un fillo na parella e queríamos crialo no pobo, no sitio onde nacemos e xusto de desfacían da libraría cando decidimos mudarnos e era un sector que me gustaba moito. Isto foi hai uns 11 ou 12 anos.
Cantas persoas traballades na libraría?- Traballamos dúas persoas, María que agora está a media xornada por conciliación e máis eu.
Equipo de mulleres, casualidade ou apostaches polo emprego feminino?- Neste caso coñecía á persoa e sabía que era moi traballadora, xa traballaramos xuntas e levabámonos ben e fun sobre seguro. Pero, cando tiven que cubrir a baixa de María tamén busquei unha muller, entendémonos ben.
Crees que os homes, polo simple feito de ser home a día de hoxe o teñen máis fácil (refírome á igualdade salarial, aos postos de relevancia ou os ascensos dentro dunha empresa) ou logramos a igualdade neste sector? – A todo si, definitivamente si, menos para a conciliación familiar que o teñen igual de difícil, pero para o demais téñeno máis fácil.
Conciliación familiar e laboral, como levas este tema? – Pois pagándolle a unha empregada (sorrí)
Tarefas compartidas no fogar, ou, a maior parte do peso recae sobre ti?- Agora vivo sola co pequeno e daquela tócame todo a min, el nalgunha cousiña vai axudando, pero … (a modo de broma comentamos que son tarefas compartidas “eu fago e el desfai”).Cando vivía en parella recaia todo sobre min tamén.
E xa para rematar, como anécdota, recordas o primeiro cliente que tiveches? Continúa séndoo? – O primer cliente non o lembro, pero si dos primeiros abonados ao periódico e algúns continúan vindo a diario.
Sopesando pos e os contras, volverías a arriscarte a emprender pola túa conta ou irías ao “seguro” e traballarías por conta allea?- Iría traballar por conta allea ou opositaría, non volvería a emprender nunca. Isto ten cousas moi bonitas pero, se volvera atrás non me complicaría tanto a vida.