29Dec 2023
O Concello de Malpica renovou o convenio de xestión do Ecomuseo Forno do Forte
Onte, 29 de decembro, renovouse o convenio de colaboración entre o Concello de Malpica e a Deputación da Coruña para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte. A partir do 1 de xaneiro de 2024, este acordo, no cal o ente provincial destinará 80.000 euros, entrará en vixencia.
O convenio foi asinado polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado Patrimonio Provincial e Equipamento, Xosé Luís Penas.