O Concello de Malpica presenta a programación “Malpica Verán”
As actividades van dirixidas a todo tipo de público e desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 31 de agosto
O Concello de Malpica, a través da súa Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, e de Servizos Sociais lanza o programa “Malpica Verán”, cuxo obxectivo é dinamizar a vila a través de actividades variadas coma visitas treatalizadas, actos literarios, rutas culturais e actividades deportivas.
As fichas de inscrición poden descargarse da páxina web do Concello de Malpica ou solicitarse no Concello.
A programación e a seguinte:
XULLO
Actividades infantís
Do 17 ao 31 de xullo
Pintar na rúa: os laborais do 17 ao 31 de xullo, na vila de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para crianzas de 6 a 14 anos.
Grupos e horarios:
De 11 a 14 anos – 10.00 a 12.00.
De 6 a 10 anos – 12.00 a 14.00.
Prezo: 11,00 €.
Inscricións: Do 1 ao 12 de xullo.
Do 4 ao 28 de xullo
Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. Os martes e os venres. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.
Visitas teatralizadas
Sábados 1, 15 e 29 de xullo
Visitas teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.
Seráns na Vila (público familiar)
Venres, 21 de xullo
Actuación do Mago Polo co espectáculo Combina, no paseo da Praia, a partir das 20.30.
Sábado, 29 de xullo
Representación de Xela contra o Dragón Traga-Verbas de Títeres Cachirulo, no paseo da Praia, a partir das 20.30.
Actos literarios
Venres, 30 de xuño
Presentación da obra Hijos de York de Cristina Mourón Figueroa, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, as 18.00. Organiza: Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís e Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
Sábado, 1 de xullo
Presentación da obra A saga das curandeiras de Marisa Castro Cerceda, no Salón de Actos da Casa do Pescador ás 20.00.
Sábado, 8 de xullo
Presentación de A cadeliña pinta de Francisco Iglesias con ilustración Estefanía Padullés, no Salón de Actos da Casa do Pescador, ás 20.00.
Rutas culturais
Sábado, 22 de xullo
Razo – Malpica. Distancia: 16 km. Duración estimada: 5 horas 30 minutos. Puntos de interés: As Torradas, O Riás, A Devesa dos conventos, San Miro e Muíños da Ribeira. Saída de Malpica en bus, ás 11.30. Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.
Sábado, 29 de xullo
Malpica – Nariga. Distancia: 18 km. Duración estimada: 5 horas 45 minutos. Puntos de interés: Seaia, miradoiro de Santo Hadrián, illas Sisargas, Beo e Seiruga. Saída de Malpica, ás 10.00; Regreso en bus dende Nariga ás 16.15. Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.
Actividades deportivas
Martes, 4 de xullo
Activ@s cos deportes de raqueta (Bádminton e Tenis de mesa), no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.00. Destinado a crianzas a partir de 10 anos. Sen inscrición previa, de balde.
Xoves, 6 de xullo
Activ@s co Fútbol Sala, no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.30. Destinado a crianzas de 6 a 15 anos. Inscricións ata o 5 de xullo, de balde.
Venres, 7 de xullo
Zumba na praia, na praia de Area Maior, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.
Martes, 11 de xullo
Activ@s co Volei, no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.00. Destinado a crianzas a partir de 10 anos. Inscricións: ata o 7 de xullo, de balde.
Xoves, 13 de xullo
Activ@s co fútbol 3×3,na Pista Polideportiva do Mercado Municipal, de 10.30 a 13.00. Para crianzas a partir de 6 anos. Inscricións ata o 7 de xullo, de balde.
Venres, 14 de xullo
Xogos na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 10.30 a 13.00. Para crianzas a partir de 6 anos. Inscricións ata o 7 de xullo, de balde.
Mércores e Xoves, 19 e 20 de xullo
Torneo de Fútbol Praia, na praia de Area Maior de Malpica, horario en función das mareas e número de inscritos. Para moz@s de 15 a 20 anos. Inscricións ata o 14 de xullo, de balde.
Venres, 21 de xullo
Zumba na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.
Do 3 ao 28 de xullo
IV Campus de verán UD Cerqueda, no Campo de Fútbol de Xaviña (Buño). Para crianzas de 4 a 17 anos. Inscricións e información: 660 099 288 Correo: cdudcerqueda@gmail.com
AGOSTO
Actividades infantís
Do 1 ao 29 de agosto
Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. Os martes e os venres. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.
Do 1 ao 31 de agosto
Campamento Concilia 2023 (Concellería de Servizos Sociais): De luns a venres, do 1 de ao 31 de setembro, no Centro Cívico de Malpica, de 9.00 a 14.00. Para crianzas de 3 a 12 anos, ambas incluídas.
Prazas: 30.
Prezo: de balde.
Inscricións: No Departamento de Educación e Cultura, en horario de 10.30 a 14.00, do 19 de xuño ao 21 de xullo.
Venres, 25 de agosto
XXII Concurso de Barcanas e Castelos de Area, Praia de Area Maior, na praia de Area Maior de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para adultos e crianzas a partir de 6 anos. Inscricións: do 1 ao 23 de agosto, no Departamento de Educación e Cultura, en horario de 10.30 a 14.00 e o 25 de agosto na praia de Area Maior de Malpica de 10.00 a 11.00.
Visitas teatralizadas
Sábados 12 e 26 de agosto
Visitas teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.
Seráns na Vila (público familiar)
Sábado 5 de agosto
Representación de As palabras perdidas de Inventi Teatro, no paseo da Praia, a partir das 20.00.
Sábado 5 de agosto
Representación de Rogelio, un paiaso en recuperación de As Sircópatas, no paseo da Praia, a partir das 20.00.
Rutas culturais
Sábado, 5 de agosto
Circular Nariga. Distancia: 12 km. Duración estimada: 4 horas 30 minutos. Puntos de interés: Faro Nariga, Laxa do Lago, miradoiro de Navás e gravados históricos de Nariga. Saída de Nariga, ás 10.00. Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.
Venres, 11 de agosto
Perseidas 2023
21.00 Charla teórica no Auditorio do Centro Cívico.
21.45 Saída para a observación astronómica.
Información e inscricións: Tel.: 697 993 182 / 603 741 747 Email: salitremalpica@gmail.com Organiza: ACD Salitre. Colabora: Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes. Concello de Malpica.
Actividades deportivas
Do 1 ao 31 de agosto
Torneo de Fútbol Praia Infantil, na praia de Area Maior de Malpica, horarios en función das mareas, aproximadamente 2 días á semana cada categoría. Para crianzas de 6 a 14 anos. Inscricións: ata o 21 de xullo, custe: 21,71 €.
Venres, 4 e 18 de agosto
Zumba na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.
Inscricións:
Actividades deportivas
Centro Cívico de Malpica. Oficina de Deportes
Luns, mércores e venres de 8.30 a 13.00
Martes e xoves de 8.30 a 10.00
Teléfono de información: 690 047 448
Actividades culturais
Departamento de Educación e Cultura, no Centro Cívico. De 10.30 a 14.00
Teléfono de información: 981 707 104
Nas actividades municipais as prazas adxudicaranse por orde de inscrición, no obstante, terán preferencia as/os solicitantes empadroados no Concello de Malpica de Bergantiños.