Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 15°
10°
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica organiza unha exhibición de patinaxe para o 16 de abril

1Abr 2022

O Concello de Malpica organiza unha exhibición de patinaxe para o 16 de abril

O acto, con nenos e nenas do Club Patín Velúa de entre 3 e 8 anos, será no paseo da praia

O Concello de Malpica organiza unha exhibición de patinaxe para o vindeiro 16 abril. Unha actividade que se desenvolverá no paseo da Praia desde as 18.00 horas.

A concellería de Deportes e o Club Patín Velúa organizan este acto no que participarán os máis pequenos do clube, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos. Os nenos e nenas farán unha pequena mostra do seu dominio sobre os patíns na rúa.