Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 16°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica ofrece aos clubs de fútbol formación no manexo de desfibriladores

8Abr 2019

O Concello de Malpica ofrece aos clubs de fútbol formación no manexo de desfibriladores

O Concello de Malpica quere mellorar a seguridade de deportistas e persoas usuarias das instalacións deportivas municipais, e con esa finalidade ofrece aos clubs de fútbol que militan nos grupos 2º (Segunda Galicia) e 4º (Terceira Galicia) da Costa a posibilidade de formarse no manexo de desfibriladores automáticos externos.

O vindeiro sábado 13, a partir das 10.00 horas, celebrarase no pavillón polideportivo municipal un curso intensivo dirixido ás persoas que determinen os propios clubs.