O Concello de Malpica lanza o Concurso de Escaparates de Nadal
O prazo de inscrición pecharase o día 20 de decembro ás 14 h
As concellarías de Turismo e Promoción Económica poñen en marcha o Concurso de Escaparates de Nadal 2022.
Os establecementos que desexen participar deberán ter adornado o escaparate desde o día 21 de decembro ata o día 7️ de xaneiro e poderán participar todas e todos os empresarios que teñan locais con escaparates ó exterior.

A valoración dos escaparates farase sobre unha puntuación total de 50 puntos e se terán en conta os seguintes criterios de avaliación:
calidade artística, omposición, creatividade, orixinalidade e a luminación e utilización de elementos tradicionais do Nadal
Os días 29 e 30 de decembro a partir das 10 horas o xurado visitará todos os
establecementos participantes para realizar a súa valoración.
Podes descargar as bases aquí: