Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
11°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica intensifica os traballos de limpeza e desbroce ao longo de todo o termo municipal

10Xul 2020

O Concello de Malpica intensifica os traballos de limpeza e desbroce ao longo de todo o termo municipal

O Concello de Malpica intensifica estes días os traballos de limpeza e desbroce ao longo de todo o termo municipal, logo do adiamento que supuxo o contexto sanitario provocado pola COVID-19.


‘Ás tarefas que levamos realizando desde hai varias semanas incorporarase unha cuadrilla de dez integrantes que se adicará a adecentar as zonas de maior concorrencia’, apunta o concelleiro de Servizos e Agro, Alfredo Cañizo.

Imaxe dun dos vehículos efectuando os traballos | Concello de Malpica


Dentro deste plan de actuacións, cóntase que tanto núcleos rurais como zonas urbanas queden preparados nun período de dez a quince días. Estase actuando tanto na contorna das praias, áreas de ocio, bordes das estradas e camiños. Para estas tarefas, disponse de ata catro tractores, que traballan por todos os lugares de Malpica.

‘Todos sabemos das necesidades que ten Malpica, e por iso decidimos darlle un impulso a estes traballos’, sostén o edil de Servizos e Agro, Alfredo Cañizo.

O alcalde, Walter Pardo, quixo ‘agradecer a paciencia da veciñanza, xa que estes traballos non puidemos acometelos coa rapidez que nos gustaría, pero nas vindeiras semanas contamos coa celeridade da que non puidemos dispoñer pola crise da COVID-19’, apuntou.


Mañá comezan os socorristas

Por outra banda, mañá, sábado 11 de xullo, comezarán a traballar as persoas que integran o servizo de Salvamento e Socorrismo da praia de Area Maior.