9Dec 2022
O Concello de Malpica impulsa o deporte no Nadal con diversas actividades
A Concelleira de Deportes, Noelia Freire Novo, presentou as actividades programadas para estes días de Nadal nas que abrande diferentes disciplinas deportivas que van dende o atletismo, volei, tenis de mesa, danzas urbanas ou torneo fútbol 3×3.
O prazo de inscrición xa está aberto e o calendario é o seguinte:
- CONTROL MARCAS ATLETISMO
20 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 16.30 a 18.30 horas no Pavillón Municipal
Inscricións ata o 19 decembro - CLINIC DE VOLEI
27 e 29 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal
Inscricións ata o 23 decembro - TORNEO TENIS DE MESA
30 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 16.30 a 18.30 horas Pavillón Municipal
Inscricións ata o 27 decembro - DANZAS URBANAS E DJ
30 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos e maiores de 14 anos de 19.00 a 21.00 horas no Centro Cívico
Inscricións ata o 27 decembro - TORNEO FÚTBOL 3X3
4 de xaneiro para nenos e nenas a partir de 7 anos de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal
Inscricións ata o 27 decembro

A asistencia será de balde, sempre baixo inscrición previa a través do Rexistro Xeral do concello, chamando ao teléfono 981720001 ou enviando un correo electrónico a auditoriodemalpica@gmail.com
Os formularios xa están a disposición das persoas interesadas no Concello de Malpica e tamén na seguinte ligazón: