28Out 2016
O Concello de Malpica establece bonificacións no IBI para os inmobles vinculados aos sectores primarios
O Concello de Malpica establece unha bonificación do 95% no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) para todos aqueles “nos que estean emprazadas unicamente construcións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras, forestais ou pesqueiras pertencentes ao sector primario”. Con esta medida, aprobada xa pola corporación municipal, preténdese mitigar o efecto negativo que tivo a revisión posta en marcha pola Dirección Xeral de Catastro en xullo do ano 2014.
Para que as bonificacións sexan efectivas, o pleno terá que aprobar unha declaración de especial interese ou de utilidade municipal, previa solicitude por parte do interesado, que ademais debe presentar a seguinte documentación:
- Certificado de Facenda no que conste a situación censal do titular da actividade
- Acreditación da titularidade catastral do inmoble
- Certificado de non ter débedas con Facenda nin coa Seguridade Social
- Xustificante de recoñecemento da explotación ou licenza de actividade
- Xustificante de adscrición ao réxime especial da Seguridade Social que corresponda