Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica destinará nos vindeiros dous anos un total de 70.134 euros ao mantemento do alumeado público

20Xuñ 2018

O Concello de Malpica destinará nos vindeiros dous anos un total de 70.134 euros ao mantemento do alumeado público

IMG_5750

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinou o novo contrato do servizo de conservación e mantemento das instalacións de alumeado público, do que se encargará a empresa Instelec, Instalaciones Eléctricas Coruñesas S.L. durante un período de dous anos, con posibilidade dun máis de prórroga, e por un prezo de 70.134,55 euros.

A empresa coruñesa, que xestiona servizos similares noutros concellos da provincia, presentou a oferta máis vantaxosa. Segundo o contrato asinado, Instelec designará un representante que deberá estar localizable en horario laboral, que actuará como interlocutor co Concello de Malpica e que velará pola correcta execución do contrato. O concelleiro de Obras, Miguel Fernández, será o responsable do contrato.