Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. O Concello de Malpica colabora coa iniciativa “Proxecto km 0” que, ao longo de nove etapas, percorrerá a costa.

13Abr 2022

O Concello de Malpica colabora coa iniciativa “Proxecto km 0” que, ao longo de nove etapas, percorrerá a costa.

Unha ruta, organizada polo A.C.D. Salitre, que comezará, o 17 de abril, en Razo e finalizará, o 10 de xullo, en Fisterra.

Os participantes camiñarán máis de 200 quilómetros distribuídos ao longo das distintas quendas que poden chegar a ter un desnivel de 900 metros.

A primeira ruta será o 17 de abril desde Razo a Malpica. Un total de 16,5 quilómetros cun desnivel de 550 metros. A seguinte, o 1 de maio, levará ós participantes de Malpica a Niñóns, cun percorrido de 22 quilómetros e 580 metros de desnivel.

As quendas levaran ós participantes ata: Corme, Laxe, Arou, Camariñas, Muxía, Lires, e finaliza co percorrido entre Lires e Fisterra.

Os interesados deben inscribirse a través do WP: 603 74 17 47 ou remitindo un mail a salitresendeirismo@gmail.com