O Concello de Malpica clausurou onte o Torneo de Fútbol Praia
Onte celebráronse as finais do Torneo de Fútbol Praia no que participaron 80 nenos e nenas durante o mes de agosto.
Depois de un mes de intensos encontros a clasificación final quedou así:
FINAL 1ª MAIORES ULTIMATE MALPICA & CADIZ (5 – 3) GAÑADORES UTLTIMATE MALPICA
FINAL 1ª PEQUES PIRRIPIRRI & LAS PALMAS (0 – 0) Na quenda de penaltis gañaron os PIRRIPIRRI.
FINAL 2ª MAIORES ESPETEROS & ELÉCTRICOS (0-0) Na quenda de penaltis gañou ELÉCTRICOS.
FINAL 2ª PEQUES ELÉCTRICOS JR & ALLHILAL (2-1) GAÑADORES OS ELECTRICOS JR.
FINAL 3ª MAIORES RAYO MALPICA – CONGUITOS (2 – 2). Na quenda de penaltis gañou RAYO MALPICA.
Unha vez coñecidos os resultados dos encontros o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro e Miguel Ángel Fernández Miras, concelleiro de Seguridade Cidadá, entregaron as medallas os campións das diferentes categorías.











