Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 15°
11°
Sábado 16°
14°
Domingo 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O autobus de ´Coidados Porta a Porta´ volverá a Malpica en novembro

9Out 2023

O autobus de ´Coidados Porta a Porta´ volverá a Malpica en novembro

O autobús de Coidados Porta a Porta chegará a Malpica por terceira vez, os días 7, 8 e 9 de novembro para ofrecer aos maiores de 55 os seguintes servizos:

  • Podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
  • Audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Estará situado no aparcamento ao lado do Centro Cívico de Malpica. As persoas interesadas deberán pedir cita previa ou ben chamando ao 622 748 283 – 623546992 ou enviando un mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal