Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 17°
13°
Venres 17°
12°
Sábado 21°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O alcalde de Malpica acompaña a Protección Civil na recollida de material de sinalización entregado pola Xunta

16Mar 2025

O alcalde de Malpica acompaña a Protección Civil na recollida de material de sinalización entregado pola Xunta

O alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, e o concelleiro de Seguridade, Rodrigo Mato, estiveron hoxe cos membros de Protección Civil do municipio na recollida do novo material de sinalización proporcionado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que dirixe Diego Calvo.

Este material permitirá mellorar a seguridade viaria e a xestión das emerxencias no concello, reforzando o equipamento dos servizos de Protección Civil. Desde o Concello de Malpica, agradécese o apoio da Xunta de Galicia e o compromiso dos voluntarios de Protección Civil, cuxo labor resulta fundamental para a protección da veciñanza.