Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
11°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O 1º Trail da Costa da Morte percorrerá algúns dos paraxes costeiros máis fermosos de Malpica

14Xul 2022

O 1º Trail da Costa da Morte percorrerá algúns dos paraxes costeiros máis fermosos de Malpica

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello de Malpica a presentación do 1º Trail Costa da Morte.
Juan Carlos Rodríguez Sánchez agradeceu ao Concello de Malpica, sobre todo ao alcalde, Eduardo Parga e a Alfredo Cañizo todo o apoio recibido.
Tamén indicou que a idea do Trail nace do acto de desagravio que se cometeu co roubo e posterior destrución da figura do Atlante e para poñer en valor a beleza do percorrido de 18,2 km que separan o Faro Nariga, que será o punto de partida, da Praza de Villar Amigo.
Por outra banda, Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo, animou a todas as persoas a participar nesta iniciativa e dixo que dende a Federación están encantados de colaborar en promover os bos hábitos saudables. Alfredo Cañizo, tenente de alcalde do concello de Malpica, indicou que é unha oportunidade facer este trail en Malpica e sobre todo que transcurra por un camiño tan emblemático como é O Camiño dos Faros.
Eduardo Parga, alcalde de Malpica, agradeceu ao promotor da carreira Juan Carlos Rodríguez que elixise Malpica para facer este trail.

́O trail transcorre por zonas moi turísitcas de Malpica e esta proba é un evento que axuda a dar visibidade e que os participantes disfruten da beleza de Malpica. Espero que esta proba sexa o inicio de moitas máis ́.
Ao finalizar o acto, Eduardo Parga entregou a Isidoro Hornillos unha miniatura do Faro Nariga e Miguel Ángel Fernández, outra a Juan Carlos Rodríguez.

A repartición dos dorsais será o sábado 16, de 08.00 a 08.50 horas da mañá na Praza Anselmo Villar Amigo e posteriormente os participantes serán trasladados en autobús ata o Faro Nariga.

O inicio do Trail está previsto sobre as 09.15 da mañá. O percorrido transcorre por fermosas paraxes costeiras de Malpica como Punta Nariga, Praia de Seiruga, Praia de Beo, ou Cabo de San Hadrián entre outros.
O finalizar o evento farase unha gran paella mariñeira para todos os participantes da competición.