Malpica presenta as fotografías gañadoras do I Concurso “Malpica, natureza en olladas”

O Concello de Malpica de Bergantiños deu a coñecer as imaxes gañadoras do I Concurso Fotográfico “Malpica, natureza en olladas”, unha iniciativa destinada a poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural do municipio. As obras seleccionadas polo xurado ilustrarán o Calendario Municipal de 2026.
A fotografía “Nai Carrexeira”, realizada por Javier Villaverde, foi escollida como gañadora da portada e recibirá o primeiro premio, dotado con 200 euros. Xunto a ela, outras doce imaxes foron premiadas con 60 euros cada unha e corresponderán aos meses do próximo ano.
As obras seleccionadas son:
• Xaneiro: “Cocendo os soños dos nosos alfareiros”, de Rafael Quintáns

• Febreiro: “O faro na noite”, de Antonio Fernández

• Marzo: “Malpica”, de Andrés García

• Abril: “O máxico percorrido do Rego dos Muíños”, de Juanpa Ameneiron

• Maio: “Torres de Mens”, de Eva Álvarez

• Xuño: “A fonte de Santo Hadrián”, de Laura Martínez

• Xullo: “A praia das Torradas desde unha cova”, de Jennifer Thompson

• Agosto: “Mans expertas”, de Martiño Pinal

• Setembro: “Pico de Navás”, de Lucía Cambeiro

• Outubro: “Temporal no porto”, de Manuel Gómez

• Novembro: “De cara aos Muíños”, de Pablo Briones

• Decembro: “Solpor desde as rochas”, de Josema F. Roel

O xurado, integrado por Noelia Freijeiro Novo, Rodrigo Mato Garrido e Irina Bastón Varela, destacou a calidade técnica das propostas, así como a súa capacidade para reflectir a identidade paisaxística e patrimonial de Malpica.
Desde o Concello expresouse un agradecemento especial a todas as persoas participantes pola súa implicación e pola contribución á difusión do patrimonio natural e cultural da localidade.


