Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 16°
12°
Sábado 22°
11°
Domingo 19°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Malpica prepárase para un Entroido cheo de divesión, música e tradición

15Feb 2025

Malpica prepárase para un Entroido cheo de divesión, música e tradición

Do 22 de febreiro ao 9 de marzo, Malpica vibrará con pasarrúas, comparsas,
concursos de disfraces e grandes festas de Entroido

Malpica prepárase para un Entroido cheo de divesión, música e tradición 

Do 22 de febreiro ao 9 de marzo, Malpica vibrará con pasarrúas, comparsas, concursos de disfraces e grandes festas de Entroido

Malpica, 14 de Febreiro de 2025

O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración con ANPA Ventorrillo, ANPA Xaviña, AC Raigañas, AC Malante, ACD Mallas de Area, Redeiras Mar da Illa, Asociación de Amijos da Mikaela, ACD Carcaxía, AVCS O Brizo, AC Campal, AVSC O Quinteiro, CEIP Milladoiro e CEIP Joaquín Rodríguez Otero, ten todo listo para celebrar o Entroido 2025, unha festa que transformará as rúas da vila e as súas parroquias nun escenario de cor, alegría e tradición. Durante máis de dúas semanas, as actividades sucederanse con eventos para todos os públicos.

O programa é o seguinte:

Sábado 22 de febreiro 

En Buño

III Cocido Campal, con premio aos mellores disfraces, no restaurante Canta La Rana, en Buño coa actuación do DJ TXIÑO ROCK E DJ ANTHONY, a partir das 14.30. Prezo: adultos 35,00 €, infantil 18,00 €, bus, 6,00 €. Información e reservas: 658 118 871 e 679 290 135 Organiza: AC Campal

Venres día 28  de febreiro (Venres de Entroido)

En Malpica

Pasarrúas de Entroido do CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.45. Percorrido: saída do CEIP Milladoiro, rúa Canido, paseo da Praia, queima fronte ao JB, paseo Marítimo, rúa Eduardo Pondal, rúa Ramona Criado, praza do Cruceiro, rúa Eduardo Vila Fano e praza Anselmo Villar Amigo. Organiza CEIP Milladoiro

Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00, saída do CEIP J.R.O., rúa Xaviña, rúa Santa Filomena, rúa Santa Catalina ata a igrexa e regreso polo mesmo percorrido. Organiza CEIP Joaquín Rodríguez Otero

Sábado día 1 de marzo (sábado de Entroido)

En Cerqueda

Festa de Disfraces Infantil, das 11.00 ás 13.30, no Centro Sociocultural das Pozacas. Haberá 3 premios aos mellores disfraces. Organiza: AC Raigañas

En Malpica, “Na Calle”

Ás 13.00, Charanga Santa Compaña

Ás 15.00, Cocido de Entroido

Ás 16.00 premios aos mellores disfraces

Ás 16.30 tardeo coa DISCOMÓBIL ECB

Ás 19.30 DISCOMÓBIL ECB polas rúas da vila

Venta de tickets en VANESA D´CARABEL (Ata o xoves 27 de febreiro ás 20.00). Menú adultos: 35,00 €. Menú infantil: 15,00 €

Haberá Carpa

Organizan: ACD Mallas de Area e o Concello de Malpica de Bergantiños

Domingo día 2 de marzo (Domingo de Entroido)

En Malpica

Actuación da Charanga Santa Compaña polas rúas da vila, a partir das 17.00

Desfile de disfraces infantil, percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano (1). Organiza: AC Malante

Encontro de comparsas e disfraces de Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30. Premios para as mellores comparsas. Entrega de premios, a partir das 19.00, na rúa Eduardo Vila Fano (1)

Categorías:

Xeral – a partir de 13 anos – Premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica: 

1º premio 200,00 €

2º Premio 100,00 €

3º Premio   50,00 €

Infantil – de 0 a 12 anos – Todas/os as/os participantes recibirán un agasallo e haberá un premio para o disfrace gañador

Concurso de piñatas do Entroido, na rúa Eduardo Vila Fano, a partir das 17.30. Entrega de premios ás 19.00 (1). Colaboran: AC Malante, AVSC O Quinteiro e ACD Carcaxía. Premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica: 

1º premio 80,00 €

2º Premio 45,00 €

3º Premio 25,00 €

Luns 3 de marzo (Luns de Entroido)

En Buño

Festa de disfraces infantil, con concurso, inchables e merenda das, 17.00 ás 19.30, no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero

Luns 3, martes 4 e mércores 5, de marzo 

En Seaia

Xornadas de Entroido 2025 (rapazada de 4 a 12 anos), na Casa da Cultura de Seaia, de 9.00 a 14.00. Información e inscricións no 611 747 756 (só por whasap). Organiza: ACD Carcaxía

Martes 4 de marzo (Martes de Entroido)

En Malpica

Festa de disfraces infantil con inchables (rapazada ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00. Colabora: ANPA Ventorrillo.

Mércores 5 de marzo (Mércores de Cinza)

En Buño

Cine de Entroido (Familiar, todos os públicos). Proxección do filme Trolls 2, no Eco Museo do Forno do Forte, ás 16.30. Colabora: A VSC O Quinteiro

Sábado 8 de marzo (Sábado de Piñata)

En Buño 

A MIKAELA

  • 13.00 Vermú sen fin con Sara Pose
  • 16.00 Saída Party Bus “Canta La Rana” con DJ Charlie e DJ Roy
  • Paradas:
    • 16.30 a 18.00 á altura do Campo de fútbol
    • 18.00 a 18.45 no Cruce de Xornes: Macro Disco Chocolate con Jossi
    • 18.45 a 20.30 na Plazoleta (Praza de Santa Xusta)
    • 20.30 na Igrexa de Buño: Macro Disco Euphoria con Drewkorme e Misa Cantada por Lito da Panorama e o Padre Roy
  • 21.30 Queima
  • 22.00 Party toda a noite con 2 escenarios (na Camposa):
    • Main Room: Kiko Rivera – Dany BPM – Carlos Pintor-DJ Charlie e DJ Roy “Set Italian Style” 
    • Zona Techno: Dani Villa – DrewKorme – Jossi – Castri

Domingo 9 de marzo (Domingo de Piñata)

En Cerqueda

Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda, das 11.30 ata ás 14.30, rematando cun cocido para os participantes (previa encarga) e o concurso “Mellor Postre de Entroido”. Organiza: AC Raigañas

En Malpica 

  • Actuación da Charanga Santa Compaña polas rúas de Malpica, a partir das 17.30
  • Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 para percorrer, as rúas da vila ata o porto Organiza: Redeiras Mar da Illa

En Vilanova

Festa de disfraces infantil e degustación de doces do Entroido, a partir das 16.30, na Escola de Pontella. Colabora: AVCS O Brizo