Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 12°
Martes 14°
10°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica participará nun encontro internacional sobre igualdade e liderado feminino na política local

8Mar 2026

Malpica participará nun encontro internacional sobre igualdade e liderado feminino na política local

A concelleira Noelia Freijeiro, representará ao Concello de Malpica no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Eleitas”, que terá lugar os días 12 e 13 de marzo na cidade de Praia (Cabo Verde).

Nesta iniciativa daranse cita máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Galicia, Cabo Verde e Mozambique, nun espazo de intercambio de experiencias orientado a reforzar o papel das mulleres na vida pública e nos procesos de toma de decisións a nivel municipal.

A participación neste encontro permitirá coñecer iniciativas desenvolvidas noutros territorios e compartir boas prácticas que contribúan a seguir avanzando cara a unha maior igualdade na política local.

O encontro está impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade xunto coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, e conta co financiamento da Xunta de Galicia e da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) a través da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade.