Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 18°
13°
Xoves 16°
12°
Venres 16°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Malpica de Bergantiños celebra o Día de Rosalía con música e tradición

22Feb 2025

Malpica de Bergantiños celebra o Día de Rosalía con música e tradición

Este domingo 23 de febreiro, o Concello de Malpica de Bergantiños se suma aos actos de celebración do Día de Rosalía de Castro convocados pola Fundación Rosalía de Castro.

A celebración do Día de Rosalía de Castro no Concello de Malpica contará coacolaboración dos seguintes locais de hostalería:
Café Bar Ibarra
A Taberna de Lesto
Bar O Pescador
Restaurante Casa Antonio
Cafetería Santiago Apostol
Bar Dársena
Taberna O Cornecho
La Ratona


Os establecementos participantes, na hora dos viños do mediodía, do domingo 23 de febreiro, servirán de tapa un “caldo de gloria”, e o Concello de Malpica de Bergantiños organizará, nese horario, un pasarrúas con cantareiras da ACD Carcaxía e outro con gaiteiros da AC Malante que percorrerán os locais que colaboran nesta actividade entre as 13.00 e as 15.00.

Neste ano, a Biblioteca Pública Municipal Eduardo Blanco Amor de Malpica
súmase a esta iniciativa cunha mostra de publicacións de Rosalía, na propia
Biblioteca, e o préstamo de exemplares da escritora a cada un dos
establecementos participantes para uso da súa clientela, durante a fin de
semana.