Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
Martes 14°
Mércores 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica celebrará o 90 aniversario das Misións Pedagóxicas o 22 de outubro

13Out 2023

Malpica celebrará o 90 aniversario das Misións Pedagóxicas o 22 de outubro

Con motivo do 90  aniversario das Misións Pedagóxicas, o Concello de Malpica exporá no Fondo Lugrís (aula circular) do Centro Cívico a mostra fotográfica “As Misións Pedgóxicas en Malpica”. Esta exposición, organizada polo Concello amosa imaxes das diferentes representacións de monicreques levadas a cabo na vila entre 1933 e 2022. Poderase visitar do 16 ao 30 de outubro.

José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís impulsaron xunto a Rafael Dieste o inicio dos espectáculos de monicreques en Malpica de Bergantiños. Estas obras eran interpretadas polas Misións Pedagóxicas por toda España.

Para conmemoralos o 22 de outubro Diáspora teatro representará a obra “O Peirao”.  María Dobronich e Dani Blanco daranlle vida aos monicreques que narrarán a historia de dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Cabe salientar que o peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza a relación que temos as persoas con ela. A obra ten una duración de 45 minutos está dirixida para os máis pequenos e mestura monicreques, narración oral o clown e o teatro de obxectos que lle darán vida a esta fermosa historia.  O evento será ás 18:00h na  praza Anselmo Villar Amigo, pero no caso de que faga mal tempo, trasladarase ao auditorio do Centro Cívico de Malpica.