23Mar 2023
Malpica aposta por seguir fomentando a reciclaxe de aceite de cociña
O Concello de Malpica segue a apostar pola reciclaxe do aceite de cociña para minimizar a contaminación desde residuo.
O Concello de Malpica mellorará a recollida do aceite de cociña usado entregando a toda a veciñanza que o desexe un barrilete para o seu reciclaxe.
Este novo servizo será presentado o vindeiro domingo 26 de mazo ás 11.30 horas no Centro Cívico de Malpica nunha charla teatralizada moi dinámica onde nós explicarán a importancia da reciclaxe.
A empresa de recollida porta a porta RGR SOSTENIBLE S.L. será a encargada de dar a charla.
