Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized
  3. Malpica acolle o 4 de xuño o I Certame de Fotografía Submarina en Pecios

25Mai 2022

Malpica acolle o 4 de xuño o I Certame de Fotografía Submarina en Pecios

A actividade, organizada polo Concello, pretende promocionar o patrimonio subacuático da costa occidental coruñesa

O porto de Malpica de Bergantiños será escenario, o sábado 4 de xuño, a partir das 9 da mañá, do I Certame de Fotografía Submarina en Pecios. Este concurso, dirixido a mergulladores/as, ten por obxectivo a promoción do patrimonio subacuático da costa occidental da provincia da Coruña.

A actividade forma parte do proxecto RIMARTES (Riquezas do Mar, tesouros do profundo), unha iniciativa que pretende dar a coñecer a gran concentración de xacementos arqueolóxicos subacuáticos da costa galega. O certame está organizado polo Concello de Malpica de Bergantiños  e os GALP Costa Sostible, GALP Costa da Morte e GALP Golfo Ártabro Sur, e conta co apoio técnico da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), a colaboración da Deputación da Coruña e de Buceo Malpica como centro de mergullo colaborador.  

Tal e como se destaca desde o proxecto RIMARTES, baixo as augas da costa galega descansan pecios de diferentes épocas e orixes, que forxaron un enorme coñecemento en forma de historia e cultura, pero tamén xeraron nova vida ao converterse en espazos onde medra unha importante biodiversidade, con numerosas especies de flora e fauna mariñas.

A inscrición na actividade é de balde, e poderá realizarse a través dos enderezos imagen@fegas.net e fegas@fegas.net. Requírese estar en posesión da correspondente licenza e permisos para o mergullo autónomo, así como seguro en vigor. Ofrécese a oportunidade do pago da licenza federativa dun día.

O I Certame de Fotografía Submarina en Pecios celebrarase en varias localidades da costa coruñesa durante as vindeiras semanas. Ademais de Malpica, terá lugar en A Coruña (28 de maio), Fisterra (11 de xuño) e Porto do Son (18 de xuño).