Máis de 52 persoas participaron na excursión organizada polo Concello de Malpica
Hoxe xoves finaliza a excursión organizada pola concellería de Sevizos Sociais. O domingo viaxaron a Portugal 52 veciños e veciñas, aos que os acompañou a concelleria Marisol Blanco e o alcalde Eduardo Parga. Os excursionistas aloxáronse no Crystal Resort en Vieira Beach, Leiria durante 5 días. A estancia fíxose amena e visitaron varias cidades de Portugal e Coimbra a universidade máis antiga. Na estancia en Fátima, coñeceron o santuario e gozaron dun agradábel paseo pola cidade. En Nazaré, contemplaron un fermoso panorama da cidade, visitaron a Igrexa da nosa Señora de Nazaré e a Capela da Virxe da Memoria. Na parte baixa do pobo coñeceron os secadoiros de peixe, e deron un longo paseo xunto á praia de Banjos, famosa por ser o berce do windsurf. Xa en Lisboa, disfrutaron dun día moi ameno visitando Barrio de Belén, Praza do Comercia, Avda. da Libertade, o elevador de Santa Xusta e a beleza da cidade. En Aveiro, un pequeno pobo coñecido como a Venecia do Norte, navegaron polas canles nun barco típico local, o moliceiro, antes de emprender a viaxe de regreso a Malpica.
