Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 15°
10°
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Inaugurada a XXXVIII Mostra de Olería de Buño, una galería de artesanía viva.

4Ago 2022

Inaugurada a XXXVIII Mostra de Olería de Buño, una galería de artesanía viva.

A cita máis importante de artesanía da Costa da Morte inclúe actividades para todos os públicos

O acto celebrouse nunha carpa ao lado dunha exposición cos deseños de todos os oleiros e oleiras de Buño. O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e de Olería, Alfredo Cañizo, arrincou o evento cun discurso no que indicou que “a Mostra está feita con todo o cariño do mundo por parte de todos”.
O presidente dos oleiros, Fran Gorín, moi emocionado, deu as grazas por facer desta festa unha tradición que xa vai pola 38ª Edición e apuntou que oxalá dure 38 anos máis. Tamén deu as grazas a todos os oleiros que “estiveron traballando cóbado con cóbado e iso para min é moi gratificante”.
A isto tamén se referiu, Xosé Blas García Piñeiro, presidente de Promoción Económica da Deputación da Coruña. ”A Mostra xa é un clásico das cousas que levamos na promoción económica. Aínda que nos anos de pandemia a axuda non foi tanta estivemos sempre aí. Sempre o facemos polo ben dos profesionais que se dedican a olería e sobre todo das veciñas e dos veciños e apoiar tamén o concello e o pobo”. García engadiu que “o protagonismo é de todos os profesionais que se dedican a diario a crear pezas fermosas sendo un traballo que teñen que seguir mantendo. “O fundamental é que a Deputación da Coruña, o Concello de Malpica, a Xunta de Galicia e os oleiros temos que traballar conxuntamente para que a Mostra teña futuro”. Alfredo Cañizo agradeceu públicamente todo o apoio e o traballo de Isabel Fernández Deus, administrativa no Concello de Malpica.
Ó evento tamén asistiu o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que quedou sorprendido pola capacidade de innovación, transformación e sobre todo por todo o apio e respaldo por parte das administracións e dos consumidores. “É un sector do comercio moi importante de artesanía que a día de hoxe cada vez se pon máis en valor. Creo que todos aprendemos ao longo do ano 2020 que temos que protexer o noso”.
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, resaltou que “estes días, Buño vai ser o epicentro da Olería de Galicia e sobre todo aquí na Costa da Morte que tedes uns paraxes impresionantes, que non deixan indiferente a ninguén e que nos axuda tamén a posicionar a Galicia como destino turístico”.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, pechou as intervencións destacando que “manter con vida o legado é o mellor agasallo que podemos facerlle a tantas e tantas xeracións que coas súas mans moldearon dun xeito de ser e de afrontar a vida. Un xeito definido pola súa solidariedade e o seu afán por ser fortes dende un colectivo. Seguramente moitos de aquí saben que cando unha peza tras unha cocedura non saía ben o seu entorno non tiña máis remedio que aguantarse, mais nunca faltaba outro artesán ó seu carón que lle dicía que aí estaba para todo o que necesitase ese é o colectivo oleiro”.
Ao evento tamén asistiu a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, a concelleira da Mostra do Encaixe de Camariñas, Encarna Liñeiro, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, o alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de Vimianzo, María José Pose, o Presidente de Afaber, Suso Villar, o Presidente de los Ourives de Compostela, Arturo Ouro Hortas, Lisardo Nuñez Pardo, abogado, o deputado Rubén Lorenzo e o párroco de Buño, Don Manuel.

A Mostra poderase visitar ata o domingo 7.