Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
11°
Sábado 12°
Domingo 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Unha vintena de voluntarios retiraron 120 quilos de residuos da praia de Seaia

20Nov 2022

Unha vintena de voluntarios retiraron 120 quilos de residuos da praia de Seaia

Un grupo de vinte voluntarios de Malpica -entre eles, o segundo tenente de alcalde e conelleiro de Medioambiente, Miguel Ángel Fernádez Mirás – limparon no día de hoxe a praia de Seaia. Foi a través dunha iniciativa sostible co medio ambiente que partiu da Asociación limpOcean e do Concello de Malpica.

Entre todos recolleron 120 quilos de lixo mariño sobre todo plástico. Nos próximos días anunciaremos máis iniciativas nesta liña nas que o Concello de Malpica xa está a traballar.