17Xuñ 2025
Presentación do libro La ruta de Eulogio, de Sandra Aldao Pereira, no Centro de Artesanía e Tradición de Buño
O Centro de Artesanía e Tradición de Buño acollerá o vindeiro venres 20 de xuño ás 20:00 h a presentación da obra La ruta de Eulogio, un traballo de investigación asinado por Sandra Aldao Pereira, profesora de ESO e filóloga, que impartiu docencia en Buño entre os anos 1992 e 1995.
A actividade será aberta ao público ata completar aforo.
Esta obra marca o debut como autora de Sandra Aldao Pereira, natural de Carballo, quen presenta unha investigación ensaística arredor dun crime real acontecido hai 110 anos no Concello da Laracha, coas peculiaridades dun único testemuña: un cruceiro. O traballo recupera este feito histórico a través de novas achegas documentais e reflexivas.
Sobre a autora:
- Diplomada en Maxisterio pola Universidade da Coruña.
- Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Diplomada en Teoloxía para Segrares pola Universidade Pontificia de Comillas.
- Diplomada en Ciencias Relixiosas pola Universidade de Salamanca.
- Profesora de ESO en Coristanco desde 1998, con experiencia en centros de Buño, Razo, Carballo, Cabana e A Laracha.
- No ano 1993 publicou a tradución ao galego da obra O segredo na muller, coa que concorreu ao Premio Ramón Cabanillas.
- Participou como poñente no Simposio Internacional de Linguas e Culturas coa intervención Explotación didáctica dunha escena de teatro.
