O Concello de Malpica organiza unha nova Xornada de Defensa Persoal para Mulleres

O Concello de Malpica, a través do Departamento de Servizos Sociais, organiza o vindeiro 4 de outubro unha nova Xornada de Defensa Persoal para Mulleres, despois do éxito acadado na pasada edición.
A actividade estará impartida por Juan José Martínez, coach deportivo e motivacional, creador do Método Mas+. O curso, de carácter ameno, participativo e dinámico, está dirixido especialmente a mulleres e ten como obxectivo achegar ferramentas e habilidades que lles permitan sentirse seguras ante posibles situacións de risco.
A xornada desenvolverase na Casa do Oleiro, en horario de 10:00 a 18:00 horas, cunha pequena pausa para o descanso e o intercambio de opinións entre as participantes.
As mulleres interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao teléfono 981 720 280 ou acudindo directamente ao Departamento de Servizos Sociais. Para a súa realización será necesario un mínimo de sete participantes.
A iniciativa está subvencionada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Benestar Social e Igualdade.
Con esta proposta, o Concello de Malpica reforza o seu compromiso coa igualdade e coa promoción de accións que fomenten o empoderamento feminino e a seguridade persoal.