O Concello de Malpica de Bergantiños dota á Policía Local dun novo vehículo grazas a unha subvención autonómica

O Concello de Malpica de Bergantiños incorporou un novo vehículo ao parque móbil da Policía Local, co obxectivo de mellorar a prestación dos servizos de seguridade cidadá e reforzar os medios materiais do corpo policial. A adquisición do vehículo foi posible grazas a unha subvención competitiva concedida pola Dirección Xeral de Administración Local, no marco do Fondo de Compensación Ambiental 2025, cunha contía total de 32.186 euros.
Este novo recurso permitirá optimizar os desprazamentos, incrementar a capacidade de resposta ante incidencias e mellorar as condicións de traballo da Policía Local, redundando nun servizo máis eficaz e próximo para a veciñanza.
Desde o Concello de Malpica de Bergantiños destácase a importancia deste tipo de axudas, que permiten ás administracións locais continuar investindo en seguridade, modernización e mellora dos servizos públicos, contribuíndo así ao benestar e á calidade de vida da cidadanía.


