8Out 2025
O Concello de Malpica abre o prazo para solicitar as axudas ao deporte 2025
O Concello de Malpica informa de que hoxe se publicaron os extractos das convocatorias de axudas para o fomento do deporte correspondentes ao ano 2025.
Estas subvencións teñen como obxectivo apoiar e impulsar a práctica deportiva no municipio, tanto a nivel colectivo como individual, mediante dúas liñas de axuda:
- Axudas a entidades deportivas, destinadas a clubs e asociacións que desenvolvan actividades no ámbito local.
- Axudas ao deporte individual, dirixidas a deportistas de Malpica que participen en competicións oficiais ou desenvolvan unha actividade deportiva continuada.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, ata o 28 de outubro de 2025, incluído.
As bases completas e os modelos de solicitude poden consultarse na seguinte ligazón
https://bop.dacoruna.gal/…/2025/10/08/2025_0000006455.htmlhttps://bop.dacoruna.gal/…/2025/10/08/2025_0000006457.html