Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 17°
14°
Sábado 17°
13°
Domingo 19°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas alcanza a maioría de idade

25Mai 2023

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas alcanza a maioría de idade

O XVIII  Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas púxose en marcha coa presentación da cita nun acto que tivo lugar na mañá deste xoves no salón de Plenos do Concello de Malpica. O concurso literario, nacido no ano 2005, xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e segue atraendo cada ano un destacado número de participantes.

No acto desta mañá participaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, a concelleira de Cultura , Noelia Freijeiro, e o presidente da asociación cultural Caldeirón (entidade que convoca o certame), Paco de Tano. 

Eduardo Parga fixo una lembranza de Paco Souto, un dos artífices deste certame e lembrou que comezo cando el era concelleiro de Cultura. “Esperemos que neste novo certame haxa máis interesados e máis participación e o Concello seguirá apoiando mentres se celebre o certame. “.

Pola súa banda, Paco de Tano lembrou, do mesmo xeito que o alcalde, a figura de Paco Souto, falecido en 2017, como un dos impulsores deste premio. “Entre o dous chegamos a facer esta editorial que a única editorial de poesía en toda Galicia. Unha editorial que naceu aquí en Malpica. Somos pequeniños pero ao mesmo tempo somos moi grandes culturalmente.”. Tano finalizou apuntado que “temos un premio único en toda España”.

Bases

BASES 1) Poderán optar ao premio todos os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten un libro de poesía inédito de temática erótica non premiado con anterioridade e escrito en lingua galega, en calquera das súas normativas recoñecidas.

2) Establécese un premio único de 1.500 € (suxeitos ás retencións correspondentes) e a publicación da 1ª edición da obra na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón. Esta edición constará de 400 exemplares. Os dereitos de autoría desta primeira edición considéranse cubertos pola contía do premio. Porén, entregaranse en compensación á persoa gañadora 15 exemplares da obra. Editorial Caldeirón resérvase o dereito de edición da obra por un prazo de dezaoito meses.

3) Os textos enviaranse por correo electrónico en formato PDF ao enderezo seguinte premio@caldeiron.org Na mensaxe incluiranse dous arquivos, un coa obra e outro coa plica. O arquivo da obra non incluirá ningunha referencia ao autor ou autora. No da plica indicarase o título da obra, o nome completo do autor ou auto‐ ra, documento identificativo, e todos os datos de contacto.

 4) O prazo de admisión de orixinais remata o domingo 17 de setembro de 2023 á medianoite.

5) O xurado estará composto por tres persoas: unha a proposta do Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, outra a proposta da A.C. Caldeirón e o gañador ou gañadora da edición inme‐ diatamente anterior do certame ou, de non ser posible, outra persoa de relevancia no sistema literario. Actuará como Secretario o membro do xurado proposto polo Concello de Malpica ou, no seu defecto, quen de‐ signe a A.C. Caldeirón. O xurado decidirá sobre calquera extremo non contemplado nestas bases e a súa decisión será inapelable.

6) As persoas participantes terán a obriga de comunicar á organización a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no mo‐ mento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso. O xurado actuará en pleno, a ser posible en sesión única, requiríndose a asistencia de dous dos seus membros como mínimo. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O premio po‐ derá ser declarado deserto ou compartido “ex-aequo” por varias autoras e/ou autores, se o xurado o estima oportuno. A decisión do xurado terá lugar no mes de novembro de 2023 e darase a coñecer no marco da Cea das Letras. A continuación, comunicarase a información aos medios de prensa.

7) Non se manterá correspondencia sobre as obras presentadas.  8) A participación no certame supón a total aceptación destas bases.