Malpica súmase á 16ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova

O Concello de Malpica reafirma o seu compromiso coa natureza e o patrimonio cultural ao participar na 16ª edición da Primavera en Ruta, organizada por Senda Nova. Este ano, o evento celébrase baixo o lema “XUNTAS”, en homenaxe á colaboración entre entidades, asociacións e administracións locais que fan posible esta iniciativa dende hai 16 anos.
A presentación da nova edición tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza, nun acto especial onde a rapazada da Escola Ambiental foi protagonista, convertendo a xornada nun evento de portas abertas para difundir as actividades que realizan.
Malpica únese a outros concellos colaboradores, como Carballo e A Laracha, facilitando puntos de inscrición e saídas para as rutas programadas. A iniciativa conta tamén co apoio de diversas asociacións e colectivos, tanto galegos como asturianos, consolidando así unha rede de participación activa no coñecemento e posta en valor do territorio.
Como novidade, este ano todas as rutas terán saída de bus desde o noso concello, con paradas en Malpica e Leiloio, facilitando así a participación da veciñanza.
A partir de agora, todas as persoas interesadas poderán inscribirse directamente no Concello de Malpica para participar nas diferentes andainas da Primavera en Ruta, que se desenvolverán entre marzo e maio:
Rutas da 16ª Primavera en Ruta
- Ruta 1: O Son do Anllóns (Carballo, Coristanco)
O río de Bergantiños
Data: 23 de marzo
Distancia: 16 km | Dificultade: Baixa
Coa participación do Grupo Naturalista Mavea (Asturies) - Ruta 2: Camiños de Aldemunde (Cerceda, Carballo, Tordoia)
O bosque na encrucillada
Data: 30 de marzo
Distancia: 7 km | Dificultade: Baixa
Coa participación da Asociación Veciños polo Rural (Cerceda) e A. de Veciños de Aldemunde de Arriba - Ruta 3: Costa Agreste de Cerqueda e Cambre (Malpica de Bergantiños)
Paisaxe malpicá
Data: 6 de abril
Distancia: 15 km | Dificultade: Media-baixa
Coa participación da Plataforma Salvemos Peñamayor (Asturies) - Ruta 4: Ruta das Mámoas (Cabana de Bergantiños)
Segredos megalíticos
Data: 13 de abril
Distancia: 14 km | Dificultade: Baixa - Ruta 5: Coristanco Histórico (Coristanco)
Patrimonio conxunto
Data: 27 de abril
Distancia: 16 km | Dificultade: Media
Coa participación da Asociación Lourido (Coristanco) - Ruta 6: Camiños de Caión (A Laracha, Carballo)
Miradoiros do Atlántico
Data: 11 de maio
Distancia: 14 km | Dificultade: Baixa
Coa participación do Concello de Guitiriz dentro do seu programa “Guitiriz en Ruta 2025” - Ruta 7: Terras Altas de Soneira (Zas)
Zas en estado puro
Data: 18 de maio
Distancia: 16 km | Dificultade: Media-baixa - Ruta 8: Forza do Río Chonia (Trazo)
Recunchos de Trazo
Data: 25 de maio
Distancia: 16 km | Dificultade: Baixa
Para máis información e inscricións, poden achegarse ás oficinas municipais do Concello de Malpica ou consultar as súas canles oficiais.