Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 16°
11°
Martes 15°
10°
Mércores 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Máis de 300 persoas participaron na andaina solidaria contra o cancro de Malpica

16Abr 2023

Máis de 300 persoas participaron na andaina solidaria contra o cancro de Malpica

O paseo da praia de Malpica acolleu a andaina solidaria “Malpica de Bergantiños en Marcha Contra o Cancro”, organizada pola Asociación do Cancro de Malpica en colaboración co Concello de Malpica, onde 330 persoas participaron nunha xornada de bo tempo e emotiva.Esta andaina organizouse para recadar fondos para a loita contra o cancro, unha enfermidade que afecta a miles de persoas en todo o mundo cada ano. A participación de 330 camiñantes foi mostra do compromiso da comunidade tanto de veciños e veciñas de Malpica como de foráneos con esta causa. O evento comezou cunha actuación especial da regeifieira Lupe Blanco. A saída foi ás 10.45 da mañá e o percorrido consistiu en ida e volta a San Hadrián. Os participantes camiñaron en grupos, algúns camiñaron sós e outros con amigos e familiares, gozando con alegría das fantásticas paisaxes que ofrece Malpica. En San Hadrián os participantes realizaban unha parada para recoller unha botella de auga que repartía Noelia Freijeiro, concelleira de Deportes, Cultura e Patrimonio, e membros de protección civil, para manterse hidratados. Ao final da viaxe, puideron reuníronse para un evento especial con música en vivo da man da Escola de Acordeóns Alborada. Moitos mesmo puxéronse a bailar ao son dos acordes musicais. Moitas grazas a todas as persoas que organizaron este evento, aos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, a Lupe Blanco e aos membros da Escola de Acordeóns Alborada polas actuacións desinteresadas.