Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 20°
16°
Venres 21°
17°
Sábado 22°
18°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Estas son as películas que poderás ver en Malpica este verán

8Xul 2024

Estas son as películas que poderás ver en Malpica este verán



O Concello de Malpica presentou a súa programación de cine  para este verán organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña que inclúe unha selección de películas para todos os públicos.

A programación arrancará o vindeiro 12 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Campo, en Malpica, coa proxección de “La Sirenita”.  Seguirá o 19 de xullo coa película “Bella e o circo máxico”, que se proxectará no Ecomuseo Forno do Forte, en Buño, tamén ás 22:30 horas.

O 26 de xullo, os amantes dos superhéroes terán unha cita coa proxección de “Spiderman. Cruzando el multiverso”, ás 22:30 horas na Praza do Campo, Malpica. Xa en agosto, o día 2 ás 22:00 horas, será a quenda de “Flash”, tamén na Praza do Campo, unha película chea de acción e velocidade.

O 9 de agosto, ás 22:00 horas, proxectarase “Salta” na Praza do Campo, para toda a familia. Finalmente, o ciclo pechará o 30 de agosto no Ecomuseo Forno do Forte, Buño, ás 22:00 horas, coa proxección de “El gato con botas. El último deseo”, unha aventura animada.