Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
Venres 15°
Sábado 16°
13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

19Xuñ 2025

O Concello de Malpica presenta unha ampla programación deportiva para este verán

O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña, lanza un
amplo programa de actividades deportivas para este verán 2025. A iniciativa, promovida a través de Malpica Deporte, ofrece unha variada oferta para todas as idades, apostando polo ocio saudable ao aire libre nas praias do municipio.
O Concello de Malpica de Bergantiños vén de anunciar a posta en marcha dun programa de actividades de verán dirixido a público infantil, xuvenil e adulto, que desenvolveranse nas praias de Area Maior e Canido durante os meses de xullo e agosto.


O tradicional Fútbol Praia celebrarase en dúas quendas: do 10 ao 16 de xullo para mozos e mozas a partir de 14 anos (actividade gratuíta, con inscrición ata o 7 de xullo) e do 1 ao 31 de agosto para rapaces de 6 a 14 anos. Neste caso, a cota de participación é de 21,71 euros, e o prazo de inscrición remata o 15 de xullo. As sesións realizaranse en horario de mañá, segundo as mareas. É necesario o compromiso de asistencia ao longo
de todo o mes, e calquera excepción debe ser comunicada previamente á coordinadora, no teléfono 690 047 448.


Do 22 ao 24 de xullo terá lugar na praia de Canido o Torneo de Volei Praia, aberto a maiores de 12 anos e tamén de balde. O horario será de 10:30 a 13:00 horas e o prazo de inscrición finaliza o 17 de xullo nas oficinas do Concello.


Para os máis pequenos (de 6 a 14 anos) tamén haberá Xogos na Praia os martes 15, 22, e 29 e os xoves 17,24 e 31de xullo, na Area Maior. A inscrición é gratuíta e debe realizarse ata as 12:00 horas do día anterior.


Ademais, inclúese no programa o ciclo Actívate na Praia, con clases de ioga e adestramento en circuito para maiores de 16 anos. As sesións desenvolveranse tamén en horario de mañá nas seguintes datas e horarios
 Xullo: martes 15, 22 e 29, de 10:00 a 11:00 h
 Agosto: martes 13, 20 e 27, de 9:00 a 10:00 h

Adestramento en circuíto
 Xoves 17, 24 e 31 de xullo, de 10:00 a 11:00 h
As inscricións poden formalizarse presencialmente ou por WhatsApp (690 047 448), ata
as 12:00 horas do día anterior.
As persoas interesadas poden realizar as inscricións nas oficinas xerais do Concello. O formulario para participar nas actividades pódese descargar na seguinte ligazón:

19Xuñ 2025

A Unidade Móbil 11 realizará a inspección técnica de vehículos agrícolas en Malpica entre o 27 de xuño e o 11 de xullo

O Concello de Malpica de Bergantiños informa de que a Unidade Móbil 11 encargada da inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao municipio durante dúas quendas, coa finalidade de facilitar o cumprimento deste trámite aos titulares de maquinaria agrícola.

A campaña desenvolverase nas seguintes datas:

  • Do 27 de xuño ao 3 de xullo de 2025
  • Do 7 ao 11 de xullo de 2025

O servizo prestarase en horario de mañá e tarde, de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás os días 27 de xuño e 11 de xullo, nos que só haberá atención en horario de mañá.

A unidade móbil estará situada no Polígono Industrial de Malpica.

Para acceder ao servizo é preciso solicitar cita previa, dispoñible a través do teléfono 981 92 80 80 ou mediante a páxina web oficial www.sycitv.com, na sección correspondente.

Dende o Concello recoméndase aos usuarios que xestionen a súa cita con antelación para garantir dispoñibilidade e evitar esperas innecesarias.

19Xuñ 2025

O equipo móbil do DNI desprazarase a Malpica o vindeiro 10 de xullo

O equipo móbil do DNI desprazarase a Malpica o vindeiro 10 de xulloO próximo 10 de xullo estará no municipio o equipo móbil do DNIe da Dirección Xeral da Policía, dependente da Comisaría Provincial da Coruña, para facilitar a expedición e renovación do Documento Nacional de Identidade.A unidade atenderá nun horario de 9.00 a 12.00 horas, con un cupo máximo de 40 persoas.As persoas interesadas deberán inscribirse previamente chamando ao Concello, a través dos seguintes números de teléfono:981 72 03 18, 981 72 03 19 ou 981 72 00 01.A cita permitirá renovar ou expedir por primeira vez o DNI sen necesidade de desprazarse fóra do municipio.

19Xuñ 2025

Unidade móbil de doazón de sangue en Malpica o venres 27 de xuño

O venres 27 de xuño, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase a Malpica de Bergantiños. A unidade estará situada diante do Centro Cívico, ao carón do colexio, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

A doazón de sangue é un acto solidario e imprescindible para o funcionamento do sistema sanitario galego. Cada día precísanse máis de 400 doazóns nos hospitais da nosa comunidade.

Recoméndase almorzar antes de doar, e no caso de ter xantado, agardar dúas horas. As persoas interesadas deberán acudir coa súa tarxeta de doador ou un documento identificativo (DNI ou similar). É importante informar ao persoal médico no caso de estar a tomar algún medicamento.

Pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, cun peso superior aos 50 kg e en bo estado de saúde.

Doar sangue leva só uns minutos e pode salvar vidas. A colaboración da veciñanza é fundamental. Para máis información, pódese consultar a web ados.sergas.gal ou chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.

19Xuñ 2025

Malpica ofrece obradoiros gratuítos de barro para nenos no Forno do Forte durante o verán

O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza este verán obradoiros gratuítos de barro dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no Ecomuseo Forno do Forte.
As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, de martes a venres, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Non é precisa inscrición previa, pero os menores deberán acudir acompañados dun adulto.
A iniciativa, que se enmarca no programa “Malpica Verán 2025”, pretende achegar aos máis novos á tradición oleira, promovendo o coñecemento e a creatividade a través do barro.

17Xuñ 2025

Presentación do libro La ruta de Eulogio, de Sandra Aldao Pereira, no Centro de Artesanía e Tradición de Buño

O Centro de Artesanía e Tradición de Buño acollerá o vindeiro venres 20 de xuño ás 20:00 h a presentación da obra La ruta de Eulogio, un traballo de investigación asinado por Sandra Aldao Pereira, profesora de ESO e filóloga, que impartiu docencia en Buño entre os anos 1992 e 1995.

A actividade será aberta ao público ata completar aforo.

Esta obra marca o debut como autora de Sandra Aldao Pereira, natural de Carballo, quen presenta unha investigación ensaística arredor dun crime real acontecido hai 110 anos no Concello da Laracha, coas peculiaridades dun único testemuña: un cruceiro. O traballo recupera este feito histórico a través de novas achegas documentais e reflexivas.

Sobre a autora:

  • Diplomada en Maxisterio pola Universidade da Coruña.
  • Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Diplomada en Teoloxía para Segrares pola Universidade Pontificia de Comillas.
  • Diplomada en Ciencias Relixiosas pola Universidade de Salamanca.
  • Profesora de ESO en Coristanco desde 1998, con experiencia en centros de Buño, Razo, Carballo, Cabana e A Laracha.
  • No ano 1993 publicou a tradución ao galego da obra O segredo na muller, coa que concorreu ao Premio Ramón Cabanillas.
  • Participou como poñente no Simposio Internacional de Linguas e Culturas coa intervención Explotación didáctica dunha escena de teatro.
16Xuñ 2025

Este verán, surfea na praia de Area Maior de Malpica

A praia de Area Maior de Malpica acollerá este verán actividades de surf organizadas polo Concello de Malpica de Bergantiños. A iniciativa ofrece catro quendas ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto, cun total de 21 prazas dispoñibles en cada unha delas. A actividade está dirixida tanto a nenos e nenas de 7 a 16 anos como a persoas adultas a partir dos 16 anos, con horarios e tarifas diferenciadas.

Na primeira quenda, que se desenvolverá do 30 de xuño ao 4 de xullo, as sesións para a mocidade terán lugar os luns, mércores e venres de 12:00 a 14:00, cun custo de 60 euros. As clases para adultos celebraranse os martes e xoves de 18:00 a 20:00, cun prezo de 40 euros. A data límite de inscrición para esta quenda é o martes 24 de xuño.

A segunda quenda terá lugar do 7 ao 11 de xullo, mantendo os mesmos horarios e tarifas: de luns a venres para a rapazada e os martes e xoves para adultos. O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 1 de xullo.

Xa en agosto, a terceira quenda desenvolverase do 4 ao 8. As clases para participantes de 7 a 16 anos realizaranse os luns, mércores e venres de 12:00 a 14:00, e para adultos, os martes e xoves de 18:00 a 20:00. O último día para inscribirse será o martes 29 de xullo.

A cuarta e última quenda está programada do 11 ao 15 de agosto, mantendo as mesmas condicións de horarios e prezos. Neste caso, a data límite de inscrición será o martes 5 de agosto.

Estas sesións de surf representan unha oportunidade única para iniciarse ou mellorar nesta disciplina deportiva nun entorno privilexiado como é a praia de Area Maior, nun programa estruturado e guiado por profesionais.

12Xuñ 2025

Instancia xeral CACHARELA SAN XOÁN

O permiso para realizar fogueiras durante o San Xoán poderá solicitarse ata o 19 de xuño

NORMAS  REALIZACIÓN CACHARELA   “  SAN XOAN” :

  • Na  zona  urbana, o volume  de  combustible  do lume no sobre pasará  os 3 mts de perímetros  nin o metro ( 1 metro) de altura. No rural non poderá exceder os  6 metros  de  perímetro nin os  3  metros  de altura.
  • A separación entre as  cacharelas  e  os edificios, árbores, vehículos e  mobiliario urbán serán como mínimo 12 metros, agás no casco urbano.
  • Porase  especial coidado  de non situalas baixo tendidos eléctricos  ou  telefónicos,  así  como que nos arredores non exista ningún  local no que se  almacén de  produtos  inflamables
  • Queda prohibida  a queima de rodas, plásticos, escumas de  poliuretano, aceites e, de  xeito xeral, calquera substancia que  ao arder desprenda  fume  tóxico.
  •  O material de combustión  serán : leña, polas, toro de  árbores  e madeiras  vellas etc.
  • En  ningún  caso  se  botarán  ao lume recipientes que  conteñan líquidos  inflamables ou  gases  a presión ( areosois) aínda  que  estean  baleiros.
  • As  persoas  interesadas na  celebración da cacharela  de San Xoán,  deberán presentar  a  correspondente  comunicación  no Concello por  rexistro de  entrada  ou Sede Electrónica  comunicando  a  celebración da  mesma e  lugar.  Debendo  en  todo momento vixiar o  lume ata  que estea  totalmente apagado. Para asegurarse de  que  quede  totalmente  apagado  deberán empapar  a cinza  con  auga.
  • As  persoas interesadas en montar unha  cacharela  deberán coidar  os  arredores  e coñecer  o  número  de  Emerxencias (112) e  o  de  incendios (085). Ademais  terán preto do  lume  unha  mangueira  ou  auga  suficiente  en  recipientes para  apagar  o mesmo en caso de  que  se  extenda   co  fin de  evitar  un  incendio  ou  a súa  propagación .-
  • A presentación da  solicitude de comunicación  de celebración da caharela non exime  das responsabilidade por  danos  ou  perdas que  procedan no  caso  de  incendio cando concorra  neglixencia, imprudencia  ou  incumprimentos  das normas  ditadas.-
12Xuñ 2025

Aberto o prazo de inscrición para o Campamento Concilia

O Concello pon en marcha unha nova edición do Campamento Concilia, unha proposta de conciliación familiar que terá lugar do 1 ao 29 de agosto, en horario de 9:30 a 14:00 horas, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

A actividade é totalmente gratuíta e contará cun máximo de 30 prazas, dando prioridade ás familias empadroadas no municipio. O campamento só se levará a cabo se se acada un mínimo de 15 inscricións, polo que é importante formalizar a participación dentro dos prazos establecidos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de xullo e deberá realizarse de forma presencial nas oficinas xerais do Concello. As prazas outorgaranse por orde rigorosa de inscrición, que só se considerará válida unha vez presentada a seguinte documentación:

  1. Copia da tarxeta sanitaria da/o menor
  2. Copia do DNI da nai, pai ou titor/a legal
  3. Copia do libro de familia, sentenza xudicial ou outro documento acreditativo da tutela
  4. Fotografía tamaño carné da/o nena/o

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Cultura ou chamar ao teléfono 981 707 104.

O Campamento Concilia é un espazo pensado para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, ao tempo que ofrece ás crianzas a oportunidade de aprender, convivir e desfrutar do tempo de lecer durante o verán.

11Xuñ 2025

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro ‘Pintar na rúa’ en Malpica

O Concello de Malpica vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro ‘Pintar na rúa’, unha proposta artística e educativa que se consolida como unha das actividades de verán máis demandadas. O seu obxectivo é fomentar a creatividade das nenas e nenos do municipio ao tempo que se recuperan espazos públicos a través da arte urbana.

O obradoiro desenvolverase do 11 ao 31 de xullo de 2025, e contará con dous turnos adaptados ás idades das persoas participantes:

  • De 10.00 a 12.00 horas para rapaces e rapazas de 11 a 14 anos
  • De 12.00 a 14.00 horas para nenas e nenos de 6 a 10 anos

Cada grupo contará cun máximo de 15 prazas e o prezo da actividade será de 12 euros por participante.

As inscricións poderán realizarse nas oficinas xerais do Concello ata o 12 de xullo, en horario de atención ao público.

Para formalizar a inscrición, as familias deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Copia da tarxeta sanitaria da/o rapaza/z
  2. Copia do DNI da nai, pai ou titor/a legal que realiza a inscrición
  3. Copia do libro de familia, sentenza xudicial ou calquera outro documento válido en dereito que acredite a tutela da/o menor
  4. Número de conta bancaria

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Malpica ou chamar ao teléfono 981 707 104.