Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 17°
13°
Venres 17°
12°
Sábado 21°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Carcaxía aposta pola sostibilidade na súa 5ª Foliada con vasos reutilizables

16Mar 2025

Carcaxía aposta pola sostibilidade na súa 5ª Foliada con vasos reutilizables

O vindeiro 22 de marzo celebrarase a 5ª Foliada de Carcaxía, un evento xa consolidado no calendario festivo da comarca. Ademais de promover a cultura e a tradición a través da música e do baile, este ano a organización dá un paso máis incorporando o uso de vasos reutilizables, reducindo así a xeración de residuos plásticos.

Desde o Concello e a Concellería de Medio Ambiente, queremos expresar o noso agradecemento por esta acción, que contribúe a facer das festas un espazo máis sostible. Así mesmo, animamos a outras asociacións a adoptar medidas similares que permitan reducir o impacto ambiental dos eventos populares.

A 5ª Foliada de Carcaxía promete ser unha cita inesquecible, cun ambiente cheo de música, baile e agora tamén compromiso co medio ambiente. Agardamos a participación de toda a veciñanza para festexar dunha maneira responsable e sostible.