Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 21°
17°
Venres 19°
15°
Sábado 21°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A XII Feira Mariñeira de Malpica enche a vila de artesanía, música e espectáculos

14Ago 2025

A XII Feira Mariñeira de Malpica enche a vila de artesanía, música e espectáculos

A vila de Malpica xa vive o ambiente mariñeiro coa chegada da súa XII Feira Mariñeira, que se celebra do 14 ao 17 de agosto cun total de 30 postos de artesanía e alimentación, ademais dunha ampla programación de actividades para todas as idades. O mercado abrirá cada día de 11.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas, ofrecendo artesanía, produtos gastronómicos, xogos tradicionais e animación continua.

Durante os catro días, veciños e visitantes poderán atopar nas rúas do Campo e contornos xogos tradicionais, barca pirata, cama elástica, pulpeira e zona infantil, ademais dunha completa oferta de música, contacontos, obradoiros e espectáculos de lume.
O mercado abriu esta mañá ás 11.30 h, e pouco despois as rúas enchéronse co pasarrúas pirata e “O Capitán sen barco”.
Pola tarde, o ambiente continuará con máis propostas para todos os públicos:

18.00 h – Piratas de Turdión e “O Pescador de Soños”

19.00 h – Melodías piratas

19.00 h – Obradoiro de esgrima “Aprende a loitar como un corsario” (nenos de 6 a 11 anos)

20.00 h – Melodías piratas e “O mariñeiro zancudo”

22.00 h – Espectáculo de lume
A programación continúa mañá co seguinte programa:

Venres 15 de agosto

12.00 h – Pasarrúas piratas e “O Capitán sen barco”

13.00 h – “O mariñeiro ambulante”

17.00 h – Melodías piratas

18.00 h – Piratas de Turdión e “O Pescador de Soños”

19.00 h – “O Capitán sen barco”

20.00 h – Melodías piratas e “O mariñeiro zancudo”

22.00 h – Espectáculo de lume

Sábado 16 de agosto

12.00 h – Pasarrúas piratas e “O Capitán sen barco”

13.00 h – “O mariñeiro ambulante”

18.00 h – Piratas de Turdión e “O Pescador de Soños”

19.00 h – Contos corsarios

20.00 h – Melodías piratas

22.00 h – Sons de Turdión

Domingo 17 de agosto

12.00 h – Piratas de Turdión

17.00 h – “A bordo cos piratas”

18.00 h – Sons de Turdión

18.30 a 20.30 h – Pintacaras e tattoos

20.00 h – Melodías corsarias

21.30 h – Piratas de Turdión

Con esta programación, a XII Feira Mariñeira de Malpica reafírmase como unha das citas imprescindibles do verán na Costa da Morte, combinando tradición mariñeira, artesanía, gastronomía e diversión para todos os públicos.