A VII Carreira Pedestre de Malpica abre inscricións mañá, 19 de xullo

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro, presentaron esta mañá no salón de plenos do consistorio a VII edición da Carreira Popular Pedestre, que terá lugar o próximo 28 de setembro a partir das 18:00 horas. Este evento deportivo, que se consolida ano a ano como unha cita imprescindible no calendario deportivo da Costa da Morte, ofrecerá percorridos de 10 km e 2 km, ademais de diversas carreiras de base para os máis pequenos.

A partir de mañá, 19 de xullo, os interesados poderán formalizar a súa inscrición a través da plataforma Champion Chip Norte.
A carreira combina deporte e solidariedade, destinando os fondos recadados á Asociación Española Contra o Cancro. Ademais, a organización doará 1 € por cada inscrito a esta nobre causa.
Horarios e Categorías
- 10 KM (2008 e anteriores)
- Saída prevista: 28 set. 2024 ás 18:00
- Distancia: 10.000 m
- SUB12 (2013-2014), SUB14 (2011-2012), SUB16 (2009-2010)
- Saída prevista: 28 set. 2024 ás 18:05
- Distancia: 2.000 m
- 2 KM (2008 e anteriores)
- Saída prevista: 28 set. 2024 ás 18:05
- Distancia: 2.000 m
- SUB10 (2015-2016)
- Saída prevista: 28 set. 2024 ás 19:30
- Distancia: 740 m
- PITUFOS (2017 e posteriores)
- Saída prevista: 28 set. 2024 ás 19:40
- Distancia: 100 m
O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 15:00 a 17:30 do día 28 de setembro na casa do Concello de Malpica. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba de 10K. Ademais, habilitarase o pavillón polideportivo municipal para que todos os atletas poidan ducharse unha vez rematada a súa proba, estando aberto de 18:30 a 21:00.
Na seguinte ligazón podes descargar o reglamento https://ccnorte.com/uploads/eventos/reglamento-6697a95fb73fe6.13424709.pdf
Dende o Concello de Malpica animamos a todos os deportistas a participar nesta proba, contribuíndo a unha causa solidaria mentres gozan dunha xornada de deportiva.