A andaina solidaria “En marcha contra o cancro” organizada polo Concello de Malpica reúne a 350 participantes
O compromiso do Concello coa causa foi recoñecido pola Asociación Española contra o Cancro cun diploma
O Concello de Malpica, xunto coa Asociación Española contra o Cancro, organizaron este domingo a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, que reuniu a 350 participantes, dos que 20 foron nenos e nenas e o resto adultos.
O Concello tamén doou 200 chapas artesáns realizadas polo oleiro Antonio Pereira “O rulo”. Uns accesorios elaboradas en barro e nas que o lazo verde distintivo está pintado a man serán vendidos por 10 euros pola asociación, quen recadara integramente o importe das ventas que realice.
Una achega que Carmen Teresa Blanco, presidenta do cancro de Malpica, agradeceu do mesmo xeito que destacou “a implicación e compromiso mostrado por todo o Concello e representado polo alcalde, Eduardo Parga, as concelleira Noeila Freijeiro e Marisol, así como os voluntarios de Protección Civil, e todas as persoas que colaboraron para que todo saíra ben, especialmente á técnica de deportes, María Bardanca. Sen todos eles non sería posible a realización de esta andaina”.
Unha colaboración recoñecida a través de Carmen Teresa Blanco, que entregou ao goberno municipal o diploma outorgado pola Asociación Española contra o Cancro á asociación en recoñemento aos 20 anos de traballo.
Recadación
A presidenta da entidade tamén destacou que da venta de camisetas, chaquetas e bolsas na xornada de onte recadáronse 600 euros. Unha contía que xunto coa das inscricións e a da venta das chapas irá destinada ás actividades da asociación e á investigación.
Todos eles realizaron o percorrido de cinco quilómetros de que partiu, ás 10:30 horas, da Fonte de Villar Amigo e logo camiñaron entre San Antonio, Castelo Seixas, Ardeleiro, Lapachan, e remataron de novo na Fonte de Villar Amigo. A actividade foi presentada pola xornalista malpicán Selina Otero.
Ataviados coa pañoleta verde distintiva gozaron dunha xornada diferente cun fin solidario na que a climatoloxía acompañou deixando para a lembranza un día de colaboración e compromiso coa investigación e o tratamento da enfermidade.