27Xul 2022
A 2º edición do evento “Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia” estará o 31 de xullo no Paseo Marítimo de Malpica
O evento trátase dun mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega.
O mercado poderase visitar en horario de 11.00 á 20.00.
Unha actividade itinerante, organizada por ONYVA!, na que colabora a concellería de Cultura e Deportes do Concello de Malpica, Artesanía de Galicia e a Xunta.