Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 13°
10°
Martes 11°
Mércores 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Éxito de participación e solidariedade na VII Carreira Pedestre Concello de Malpica

29Set 2024

Éxito de participación e solidariedade na VII Carreira Pedestre Concello de Malpica

O pasado domingo celebrouse a sétima edición da Carreira Pedestre Concello de Malpica, que comezou cun emotivo xesto solidario. Os 258 corredores inscritos contribuíron cun euro por persoa, recadando fondos para a Asociación Española contra o Cancro (AECC). O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o tenente de alcalde, Miguel Ángel Mirás Fernández, fixeron entrega dun cheque a Carmen Teresa, representante da xunta local da AECC, quen agradeceu o apoio da comunidade.

A competición deu comezo despois deste acto solidario, desenvolvéndose nun clima favorable, aínda que marcado por algunhas pingas de choiva.

Na proba 10k, Antón Gómez López, do Club Atletismo Santiago, destacou como o gran vencedor ao cruzar a meta en 35 minutos e 9 segundos, acadando o mellor tempo da xornada. Na categoría feminina, Olalla Saborido impúxose cun tempo de 45 minutos e 28 segundos. Tamén houbo triunfos locais, con David Pérez Pose e Melania Benavente como os mellores malpicáns na distancia de 10K.

Na categoría de 2K, os gañadores foron Javier Paradela Martico e Olga Pose Chouciño.

A entrega de premios estivo a cargo do alcalde Eduardo Parga e do tenente de alcalde Miguel Ángel Mirás Fernández, que felicitaron aos gañadores e gañadoras polo seu esforzo e rendemento.

Podes consultar os resultados na seguinte ligazón: Champion Chip Norte (ccnorte.com)