- Sen categorizar
El Concello de Malpica organiza la jornada de Carnaval Deportivo bajo el lema Sabes Jugar?

Concello de Malpica, a través do departamento de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, lanza unha xornada de entroido deportivo baixo o lema “Sabes Xogar?”. Esta actividade organízase coa filosofía de fomentar a práctica deportiva entre os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos. Os participantes poderán tomar parte en diversas actividades deportivas como fútbol 3×3, bádminton, ping pong e baloncesto.
A xornada terá lugar no pavillón polideportivo municipal o luns, 12 de febreiro, entre as 10:30 e as 13:30 horas. As persoas que precisen máis información poden chamar ao 981 707104 en horario de 10:30 a 17:00.
Na seguinte ligazón podes descargar o impreso para a inscrición nesta actividade que deberás presentar no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de inscrición remata o día 8 de febreiro.
Ademais, solicítase que os participantes veñan disfrazados, e haberá premio para o disfraz máis orixinal. Anímate a participar!