Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 14°
Luns 15°
Martes 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Clara Vidal gaña o XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

12Nov 2023

Clara Vidal gaña o XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Unha vintena de persoas asistiron a entrega dos premios do XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas que se celebrou onte na Casa do Pescador de Malpica. Nun acto cargado de emoción, Emma Abella inaugurou o evento, destacando a importancia deste certame que alcanza, este ano, a maioría de idade. Rememorou so seus inicios xunto ao seu esposo Paco Souto e Paco de Tano, así como outros colaboradores presentes no evento. Abella subliñou o seu orgullo pola calidade excepcional das obras publicadas ao longo de todas as edicións. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, agradeceu a labor do xurado deste ano e tivo  palabras de agarimo para un membro do xurado que por causas da enfermidade dun familiar non puido asistir. Parga felicitou á gañadora, Clara Vida, e agradeceu o traballo da Asociación Caldeirón comprometéndose a seguir apoiando o certame.

A obra gañadora foi “Masaxe con argán mal pronunciada”, de Clara Vidal, elixida por unanimidade polo xurado conformado por Dª Diana Rey Martínez (Diana Kurich), gañadora da XVII edición Dª Teresa Ríos, en representación do Concello de Malpica, Dª Mª Olga Rodríguez Díaz, en representación da Editorial Caldeirón que, ademais, actuou como secretaria, entre as 21 obras presentadas.

Olga Rodríguez, representante do xurado, explicou que “o xurado valora a obra no seu conxunto como un poemario de ausencia doce, onírico e altamente sensual, no que os versos frescos e curtos son dunha contundencia inequívoca”.
Emma Abella tivo a honra de entregar o premio á gañadora deste ano, mentres que o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, agasallou cun obsequio aos membros do xurado. Ambas pezas de barro foron elaboradas pola olería de Buño.

Clara Vidal explicou que xa se presentara varias veces a este certame e expresou o seu agradecemento tanto ao xurado coma a todas as persoas que o apoian. Rematou a súa intervención lendo un fragmento da súa obra.