- Sen categorizar
Circular do Concello de Malpica
Todos os locais de hostalaría, restauración e comercio do Concello de Malpica
Pola presente informámosvos que neste Entroido temos a previsión de realizar algúns concursos nos que os premios serán vales para mercar nos establecementos de hostalería restauración e comercio do Concello de Malpica. Para aqueles que desexedes participar o mecanismo será moi sinxelo:
1) En primeiro lugar os establecementos que desexedes participar debedes comunicalo ao Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica o antes posible en horario de 10.30 a 17.00, no teléfono 981 707 104 ou no enderezo electrónico anton.noceda@malpicadebergantinos.es
2) O Concello elaborará os vales, que en todo caso indicarán o importe exacto e serán claramente identificables. Estes serán entregados ás/aos gañadoras/es dos diferentes premios, xunto cunha relación dos negocios onde poden cambiar estes, por servizos ou produtos do establecemento que escollan.
3) As/os gañadoras/es poderán dirixirse a calquera dos establecementos adscritos e trocar o seu vale polos produtos ou servizos que desexen. Cada vale só se poderá consumir nun único establecemento.
4) Os establecementos colaboradores, aos que se lles solicite o troco dun vale, deberán facturar ao Concello de Malpica o importe correspondente. Na factura deberán constar todos os datos fiscais, o número de conta, o concepto dos produtos vendidos ou dos servizos prestados e se deberá xuntar o correspondente vale. A validez de cada vale será de 3 MESES dende a data da súa emisión. O Concello de Malpica de
Bergantiños abonará os vales só si se compren estes requisitos.
5) O listado de colaboradores manterase en vigor ata o 31 de decembro de 2025 para calquera outro concurso que se convoque dende a Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, como o Concurso de Barcanas e Castelos de Area, ou outros que se poidan convocar, salvo que algún dos establecementos inscritos comunique o seu desexo de darse de baixa a través do enderezo electrónico indicado
no punto 1.
6) O prazo para inscribirse como colaborador rematará 2 días antes da celebración de cada concurso.
No desexo de poder contar coa vosa colaboración nesta iniciativa para dinamizar o Entroido Malpicán, recibide un cordial e atento saúdo.