Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Cantos de Nadal, mostra de artesanía en vivo e diversas actuacións abriron o programa de Nadal de Malpica

18Dec 2022

Cantos de Nadal, mostra de artesanía en vivo e diversas actuacións abriron o programa de Nadal de Malpica

Malpica viviu unha xornada moi intensa este domingo  co arranque da programación de Nadal, que organiza a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas entidades locales.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández Mirás e a concelleira de Cultura Deportes e Patrimonio, Noelia Freijeiro inauguraron está mañá o Mercadiño de Artesanía de Nadal

O  Mercadillo Artesán de Nadal na Rúa Eduardo Vila Fano tivo moi boa acollida cos diferentes postos entre os que destacaban artesanía en vivo de cestería, as redeiras do Fieital, ademais de diversas  actuacións  do Apalpador e os Monifates e o Mago Charlangas completaron a xornada lúdica festiva que concluíu coa II Foliada de Cantos de Nadal da man das asociacións AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante.