Boa afluencia de público na celebración do 91º aniversario das Misións Pedagóxicas en Malpica

Hoxe, domingo 20 de outubro, celebrouse en Malpica o 91º aniversario das Misións Pedagóxicas que congregaron a un numeroso público.
O evento comezou ás 17:00 horas, co espectáculo de monicreques “Coa música a outra parte”, a cargo de Trécola Producións. Esta peza, inspirada nas obras de Rafael Dieste, conseguiu cativar tanto a nenos como a adultos grazas á súa posta en escena. Unha peza de 60 minutos con música en directo, recomendada para maiores de 6 anos e inspirada en obras de Rafael Dieste. 14 personaxes en escena e banda sonora en directo.
A continuación, ás 18:00 horas, celebrouse o magosto, onde os participantes gozaron das castañas asadas e da actuación do grupo Tren da Unha. Ademais, a chocolatada completou a festa, poñendo o toque doce a esta xornada tan especial.
O bo tempo acompañou durante todo o evento, o que permitiu que todas as actividades se realizasen ao aire libre na praza.
Esta celebración, organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños e coa colaboración da Deputación da Coruña, foi todo un éxito, destacando unha vez máis a importancia de manter viva a memoria das Misións Pedagóxicas, un patrimonio cultural que forma parte da historia de Malpica.

