Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
12°
Domingo 16°
12°
Luns 16°
13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. As palabras acenden Malpica na Cea das Letras 2025 e o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

8Nov 2025

As palabras acenden Malpica na Cea das Letras 2025 e o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas, Malpica de Bergantiños volve acoller unha das citas literarias máis queridas a Cea das Letras 2025. A Casa do Pescador será o escenario dun encontro que combina literatura e poesía. Durante o acto celebrarase o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, un dos eventos máis singulares do panorama literario galego. A continuación, terá lugar a tradicional cea, un momento perfecto para compartir conversa e celebrar as letras arredor da mesa.O prezo da cea é de 20 euros e as reservas poden facerse nos teléfonos 649 507 285 ou 981 707 104.Organiza a asociación Caldeirón, coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio, Deporte e Turismo do Concello de Malpica de Bergantiños.