Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. As Alumnas e Amantis impregnaron de cultura teatral a fin de semana de Malpica

5Dec 2022

As Alumnas e Amantis impregnaron de cultura teatral a fin de semana de Malpica

Dous espectáculos que portaron temáticas de interese actual da man das compañías de Cultura Activa e Rebordelos.

As conformacións teatrais de As Alumnas e Amantis estiveron venres e sábado no Concello de Malpica. Ambas actuacións atenderon a temáticas contemporáneas e de gran interese social. De tal modo,  un gran número de espectadores asistiron ao Centro Cívico para ver en directo os traballos destas compañías teatrais galegas.

Amantis presentou a súa comedia dramática, dirixida a adolescentes e adultos, a través da historia de M, un cativo de barrio obreiro. O rapaz quería ser influecer, dicía, pero tamén buscaba ser amado e aceptado polos demais. Porén, no camiño topou con adversidades dun unverso intanxible. A partir deste momento, M descobre que non todo é o que parece ser… nin sequera el mesmo. Esta obra de 65 minutos foi coordinada pola compañía Rebordelos, xa recoñecida polo Concello no 2021, pois foi gañadora con outra peza teatral ao premio do público da XVIII Mostra do Teatro de Malpica.

As Alumnas, pertencente á compañía de Culturactiva, realizou un teatro actoral cunha demanda de xustiza social e memoria histórica de trasfondo. Representan a historia dúas mulleres: Mónica Carballo e Anabell Gago. Ambas se reencontran no pasamento da súa mestra e, alí, comezan a rememorar o seu pasado dende a infancia, antes do estalido da Guerra Civil, ata os anos 70.  Este traballo, dirixido por Fina Calleja, tivo lugar no Centro Cívico de Malpica este venres 2 de decembro, cunha duración de 75 minutos, e a acollida dun público adulto.

Este venres, 9 de decembro, estará a comedia A parábola do angazo no Auditorio, pertencente a Producións Teatrais Talía. Terá unha duración dunha hora e haberá moitas risas, polo que non poden perder a oportunidade de asistir. Será a partir das 20:30h, como as anteriores, e trátase do último espectáculo do evento da XVIII Mostra de Teatro de Malpica.

Amantis
As Alumnas