4Set 2019
Volve a actividade ao ximnasio municipal. Inscríbete!
Xa podes inscribirte para utilizar o ximnasio municipal, que reabriu as súas portas esta semana. A cota é de 15 euros por mes, e as anotacións poden realizarse no Departamento de Deportes, onde tamén se ofrecerá todo tipo de información sobre o servizo. O ximnasio municipal de Malpica funciona de luns a venres en horario de 16.00 a 22.00.
Segundo se recolle na ordenanza reguladora do servizo, as persoas usuarias deben acatar as seguintes normas de funcionamento:
- Por motivos hixiénicos é obrigatorio levar unha toalla para realizar os exercicios nos distintos aparatos que sexan utilizados.
- Debe facerse un uso adecuado das máquinas, en caso de dúbida, preguntar ó persoal encargado.
- O usuario/a deberá respectar o material da sala e colocalo non seu sitio unha vez que remate o seu uso.
- O usuario/a debe deixar a máquina ou o aparato a utilizar entre series, de xeito que permita unha rotación a outros usuarios/as.
- No caso de que estean persoas esperando debe respectar o tempo de limitación estipulado para as máquinas de traballo cardiovascular e musculación (sendo este nas máquinas de cardio de 30 min).
- A capacidade máxima do ximnasio é a do mesmo número de máquinas coas que conte o ximnasio.
- Non está permitida a entrada no ximnasio a menores de 16 anos agás estean a participar nun programa dirixido polo Concello de Malpica de Bergantiños.
- Para ser usuario/a do ximnasio esíxese ter cumpridos os 18 anos. En caso de estar entre os 16 e 18 anos esixirase autorización por escrito dos pais ou titores.
- Non se permite a entrada á sala con mochilas, botellas de cristal e comida.
- Non se pode acceder á sala co mesmo calzado que se utilice para acceder dende o exterior, e deberá ser sempre calzado deportivo, non podendo realizar ningunha actividade sen camiseta.
- A requirimento do persoal da instalación o usuario/a terá a obriga de identificarse mediante o carné.
Descarga aquí a folla de inscrición: