Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
10°
Sábado 13°
Domingo 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A XXXVIII Edición da Mostra de Olería de Buño celebrarse do 4 ó 7 de agosto

15Xul 2022

A XXXVIII Edición da Mostra de Olería de Buño celebrarse do 4 ó 7 de agosto

O Concello de Malpica xunto cos oleiros de Buño presentaron o cartel da XXXVIII Edición da Mostra de Olaría de Buño, no Parque Luciano García Alén.

Ao acto que comezou ás 13.00h asistiu o alcalde, Eduardo Parga, o tenente alcalde e concelleiro de Turismo Alfredo Cañizo, o concelleiro Miguel Ángel Fernández, Francisco Xosé Gorín, presidente dos oleiros, Jessica Mariño creadora do cartel e olerios de Buño. 

Francisco Gorín agradeceu o apoio recibido por parte do Concello de Malpica e das demais administracións á Mostra de Olería. Tamén felicitou á autora do cartel, Jessica Mariño, polo fermoso deseño. 

“Este ano coma novidades, aínda que o actor principal é a olería de Buño, o sábado seis vai ser un día bastante forte porque imos tentar que o horario comercial sexa durante todo o día ata ás 22.00h. Ademais ese día queremos rematar cunha festa tradicional galega contando con tres grupos do concello de Malpica e dous invitados. Outra novidade é que este ano faremos unha exposición cos carteis de todas as Edicións da Mostra” explicou Gorín. 

O alcalde, Eduardo Parga, felicitou a autora do cartel e agradeceu ós oleiros que organizasen o evento xunto co Concello de Malpica e sinalou a importancia do apio inestimable da Deputación da Coruña para poder promocionar un ano máis a Mostra que é un emblema moi importante da vila. 

“Esperamos que este ano sexa de moita afluencia de xente e convidamos a todo o mundo a que veña a participar durante catro días da XXXVIII Edición da Mostra de Olaría”