Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
Martes 14°
Mércores 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Xunta e o Concello de Malpica ratifican o convenio que permitirá obter a parcela para o futuro centro de saúde de Malpica

18Nov 2023

A Xunta e o Concello de Malpica ratifican o convenio que permitirá obter a parcela para o futuro centro de saúde de Malpica

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron hoxe o convenio que posibilitará obter o terreo para a construción do futuro centro de saúde. Tal e como remarcou o titular da carteira sanitaria, a nova infraestrutura sanitaria, emprazada na parcela que expropiará o concello, contará cunha superfcie de1.000 m2. No acto de sinatura estiveron presentes, así mesmo, o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; o xerente da área sanitaria, Luis Verde e membros do goberno de Malpica. O responsable da sanidade pública galega detallou que o novo centro terá catro consultas de medicina xeral e tres de enfermería para adultos; unha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica; unha sala de toma de mostras e unha polivalente; e unha sala de urxencias.

Tamén terá sala de docencia e un despacho de coordinación.Comesaña remarcou que o futuro centro duplicará a superfcie do actual, o que suporá que as consultas de adultos serán tres máis que no de agora, e engádese a de enfermería pediátrica, ademais de espazos propios para as salas de extraccións e urxencias, que agora sitúanse en espazos compartidos.O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, agradeceu a firma do convenio fundamental para poñer a disposición do Sergas os terreos. Esta firma non só marcará o inicio formal do proceso de expropiación, se non que tamén servirá como fundamento legal para xustificar dito procedemento.Ademais, agradeceu que se tome en consideración a solicitude presentada polo alcalde da necesidade da creación dun novo centro de saúde para que os veciños/as de Malpica conten con melloras en instalacións e servizos Outras mellorasO conselleiro puxo en valor que esta nova infraestrutura non é o único avance para este concello, xa que Malpica conta dende o ano pasado cunha nova doutora con praza fxa, froito da convocatoria de prazas de difícil cobertura que o Sergas realizou mediante un concurso de méritos, sendo Galicia a primeira comunidade que ofrece prazas en propiedade sen oposición, co obxectivo de incentivar a súa cobertura en atención primaria.